6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.2.- Análise do sector das Madeiras nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.2.1.2.- Principais datos sobre o sector na zona transfronteiriza do Norte de Portugal

En 1998 existían en Portugal 4499 establecementos a exercer actividade no sector das Madeiras (cerca do 1,7% do total de establecementos existentes), empregando 44.796 persoas, presentando, así, cada establecemento unha media de 10 traballadores (2).

Nº TRABALHADORES

% ESTABELECIMENTOS
% PESSOAS AO SERVIÇO
Até 9 77 28.0
10 – 19 12.8 16.8
20 – 49 7.2 21.1
50 – 99 2 13.4
100 – 199 0.7 9.2
200 – 499 0.3 8.1
500 e mais 0 3.4

Táboa 6.9.- Distribución porcentual dos establecementos e persoas ó servicio, segundo a dimensión no sector das Madeiras (3)

Apenas o 3% dos establecementos existentes neste sector posuían máis de 50 traballadores. 77% das empresas teñen menos de 10 traballadores, permitindo concluir que se trata dun sector con establecementos de pequena e moi pequena dimensión. O número de persoas ó servicio non se distribúe da mesma forma, mas hai unha clara supremacía, así mesmo, dos establecementos de reducida dimensión en termos de emprego.

Este sector caracterízase, tamén, por un nivel de cualificacións bastante baixo.
_____________________________________________________________________________
(2) Departamento de Estatística do Trabalho, Emprego e Formação Profissional (DETEFP), Quadros de Pessoal 1998.
(3) Idem