POSTOS TÉCNICOS
|
BREVE DEFINICIÓN
|
EXISTE
|
Operário de máquinas |
É a persoa que se encarga da preparación e manipulación das máquinas utilizadas para o proceso da madeira |
67.90%
|
Operário indiferenciado |
Actividade de apoio á producción, normalmente desenvolvida por persoas en inicio de actividade, sen experiencia e con pouca formación |
57.30%
|
Operário de transporte |
Esta actividade consiste en clasificar, preparar e facer chega-los materiais ós postos de traballo en función do fluxo do proceso e das ordes de producción |
50.00%
|
Carpinteiro |
É o ofício por excelencia do sector. A carpintería está máis relacionada coa talla e acabamentos, así pois, o carpinteiro é o que traballa a madeira de forma básica para a súa utilización directa |
50.00%
|
Chefe Intermedio |
É responsable de dirixir e coordinar as persoas que están baixo o seu mando. Tamén é responsable de consegui-la mellor utilización dos medios materiais e técnicos que se lle encomendan para o desenvolvemento da súa actividade. |
35.70%
|
Técnico de Manutención |
A súa actividade consiste en mante-los medios técnicos en perfecto estado para garanti-la productividade dos mesmos |
32.10%
|
Operário / montador |
Persoa que axuda ó montador ou operador de máquina para que faga o seu traballo. O montador é o que se dedica a monta-las distintas partes que compoñen o producto final que se vai entregar ó cliente. Tamén se define deste modo a actividade de colocar en obra (sobre todo construcción) os productos construídos nas fábricas, sexan portas, xanelas, solos, etc... |
29.60%
|
Técnico de Producción |
É o responsable de ter dispoñibles os medios tecnolóxicos en relación ó proceso de fabricación. Esta función pódese definir como o responsable de producción ou responsable do proceso de fabricación |
28.60%
|
Serrador |
Actividade relacionada con Cortador, mais utilizando, por exemplo, outros equipamentos de corte como, por exemplo, a motoserra |
28.50%
|
Pintor / Envernizador |
Consiste en cobri-las superficies de madeira con algún elemento líquido. Pode ser tratado manualmente ou de forma automática. É necesario coñece-las características das superfícies a cobrir e os comportamentos dos materiais |
25.00%
|
Planificador de Producción |
Consiste en coordinar a utilización dos recursos dispoñibles para a fabricación de tal modo que se consiga atender ós pedidos no momento axeitado, na cantidade correcta e no destino correcto. Do seu traballo dependen en gran medida os resultados da empresa en relación ós prazos de entrega e custos |
25.00%
|
Deseñador / Projectista |
Actividade que consiste en desenvolver e defini-lo producto final que se vai comercializar |
21.40%
|
Técnico de Corte |
Esta actividade consiste en procurar a mellor forma de corta-la madeira, de tal forma que se consiga o máximo de rendemento da mesma. O técnico de corte debe ser unha persoa coñecedora das máquinas de corte, así como das características da materia prima que utiliza |
21.40%
|
Técnico de Calidade |
É o responsable de facer inspeccións necesarias para garantir que o producto entregado ó cliente foi fabricado de acordo coas especificacións do mesmo. Tamén é responsable de manter en orde a documentación relativa ó sistema de calidade da empresa |
17.90%
|
Desenvolvimento informático |
É unha actividade dedicada a desenvolve-los procesos de información necesarios ó desenvolvemento da actividade |
14.30%
|
Técnico de Deseño / Projecto |
É a actividade encargada de delinear e defini-la mellor forma de levar a cabo a execución do producto ou servicio que o deseñador definiu. Dependendo da dimensión da empresa pode desempeña-la tarefa de deseñador |
10.70%
|
Limador |
Consiste na limaxe das pezas preparándoas para a fase final do proceso de fabricación |
10.70%
|
Técnico Florestal |
É a persoa que mellor coñece as características da madeira, sobre todo nos aspectos relacionados cos usos que se poden dar e o comportamento futuro que se pode esperar |
7.10%
|
Clasificador |
Ocupación dedicada a clasifica-los materiais, tanto sen transformar como transformados, para a súa utilización no proceso. |
7.10%
|
Colador |
Consiste na colaxe das diversas pezas separadas de forma que produzan un producto final (por exemplo, un moble) |
7.10%
|
Tractorista |
Persoa responsable do transporte de madeiras |
7.10%
|
Táboa 6.13.- Postos técnicos analizados no sector das Madeiras nas empresas consultadas do Norte de Portugal