6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.2.- Análise do sector das Madeiras nas empresas consultadas do Norte de Portugal

A táboa relativa á oferta do mercado laboral no que concerne ós postos técnicos é moi suxestiva. Destacamos, así, os seguintes aspectos:
- Exceptuando a función de Operário de Transporte, as empresas consideraron, dunha forma xeral, que non hai cantidade suficiente no mercado para colma-las súas necesidades de persoal;
- No relativo ás funcións de Técnico de Corte, Operário/Montador, Pintor/Envernizador e Planificador de Producción as empresas manifestan unha grande carencia de persoas.
- Dunha forma xeral, as empresas consideran que os profesionais existentes no mercado de traballo non teñen o perfil axeitado, exceptuando a función de Técnico Florestal, Operário de Transporte e Clasificador.
- Os datos indican, así, que haxa unha gran necesidade de apostar pola formación de persoal para desempeña-las diversas funcións no sector, por un lado, e unha forte posibilidade de mobilidade fronteiriza na maior parte das funcións existentes, desde que teñan perfiles axeitados, en virtude da escaseza verificada.