6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.3.- Análise do sector Metal-mecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.3.1.2.- Principais datos sobre o sector na zona transfronteiriza do Norte de Portugal

O sector da Metalmecánica en Portugal é tratado estatisticamente de forma heteroxénea, ou sexa, dividido por algúns subsectores. A exercer actividade neste sector existen cerca de 9 mil empresas a nivel nacional, empregando máis de 155 mil persoas. Na seguinte táboa preséntanse algúns datos sobre o número de empresas e persoas ó servicio neste sector (1):

SUBSECTOR
Nº TOTAL DE ESTABLECEMENTOS
Nº TOTAL DE PERSOAS Ó SERVICIO
Industrias metalúrxicas de base e productos metálicos
6 640
82 178
Fabricación de máquinas e equipamentos
1 880
38 959
Fabricación de material de transporte
540
34 334
TOTAL
9 060
155 471

Táboa 6.18.- Total de establecementos e persoas ó servicio no sector da construcción en Portugal

O subsector das industrias metalúrxicas de base e productos metálicos é o máis representativo, tanto en termos de número de empresas como de persoas ó servicio. O número medio de traballadores por empresa cífrase nos 17, sendo, así e todo, o máis elevado no subsector de fabricación de material de transporte, onde a media é de 64 traballadores.

Xenericamente, o sector da construcción caracterízase por pequenas empresas, como demostra a táboa seguinte (2):

SUBSECTOR
Até 9
Oct-19
20-49
50-99
100-199
200-499
500 e mais
Industrias metalúrxicas de base e productos metálicos
74.1
12.7
8.7
2.7
1.1
0.6
0.1
Fabricación de máquinas e equipamentos
55.2
17.8
17.6
5.9
2.3
0.9
0.3
Fabricación de material de transporte
46.2
16.6
18.9
6.8
5.5
3.3
2.7

Táboa 6.19.- Distribución porcentual das empresas, segundo a dimensión, no sector da Construcción en Portugal

Como se verifica pola táboa, máis da metade das empresas teñen menos de 10 traballadores. Esta porcentaxe é así diferente consonte ós subsectores, xa que, como referimos o subsector da fabricación de material de transporte presenta unha dimensión media bastante máis elevada que os restantes.
Nos catro distritos que abranguen a área xeográfica do estudio (Braga, Bragança, Viana do Castelo e Vila Real), o sector presenta un peso significativo, destacándose o distrito de Braga.


BRAGA
BRAGANÇA
VIANA DO CASTELO VILA REAL
Nº establecementos
790
89
152
104
% establecementos / total continente
8.9
1
1.7
1.2
Nº persoas ó servicio
11 143
385
3 113
502
% persoas ó servicio / total continente
7.3
0.3
2
0.3

Táboa 6.20.- Número de establecementos e persoas ó servicio no Norte de Portugal do sector da Construcción

O distrito de Braga presenta un número significativo de empresas, que representan cerca do 9% do total do continente. É o terceiro distrito a nivel nacional a seguir a Lisboa e Porto. O distrito de Viana do Castelo presenta un número de empresas significativo, ben como Vila Real. O distrito de Viana do Castelo é o que presenta, como media, empresas con maior dimensión (20 traballadores), seguido de Braga (14 traballadores). Os distritos de Bragança e Vila Real presentan empresas cunha dimensión moi reducida (entre 4 e 5 traballadores).
_____________________________________________________________________________
(1) Departamento de Estatística do Traballo, Emprego e Formación Profesional (DETEFP), Cadros de Persoal 1998
(2) A definición presentada pretende a penas identificar dunha forma simple cada posto. Non se avanzou cara a definicións máis complexas, destacadamente ó nivel das tarefas específicas de cada función, posto que tal non é obxectivo deste estudio.