6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.3.- Análise do sector Metal-mecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.3.2.- Definición dos postos principais nas empresas do sector

Nas dúas táboas seguintes preséntanse os postos identificados nas empresas analizadas. Para cada un faise unha breve definición (3), ben como se presenta a porcentaxe de empresas que contan co referido posto.

POSTOS XERAIS
BREVE DEFINICIÓN
EXISTE
Dirección Geral O seu principal papel é o da definición das metas, establece-los criterios de actuación e orienta-la empresa para consegui-los mellores resultados desde o punto de vista económico e social
96.15%
Dirección Funcional Coordinación e supervison dos procesos básicos da empresa, tendo responsabilidade sobre tódolos recursos da organización
73.08%
Comerciais Detección de oportunidades de execución de obras e promove-las capacidades da empresa, coa finalidade de incrementa-lo negocio
80.77%
Administrativos Actividade encargada de facilita-lo traballo do resto da organización. Destácase o servicio ó cliente, a organización dos documentos, etc
84.62%

Táboa 6.21.- Postos xerais / transversais analizados no sector metalmecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal

Do relativo ós postos xerais, rexístrase unha elevada porcentaxe de empresas onde existen postos ligados ás diversas áreas, saliéntandose unha porcentaxe lixeiramente inferior nos postos ligados á Dirección Funcional.

POSTOS TÉCNICOS
BREVE DEFINICIÓN
EXISTE
Responsable de compras É a persoa responsable de procurar, avaliar e defini-las mellores fontes de abastecemento de material para a organización, tanto de materias primas, como doutros productos que a empresa necesite adquirir
61.54%
Operário Actividade básica do proceso de fábrica. É o responsable de executa-las operacións as máquinas ou manualmente, así como de utiliza-los materiais en cada fase do proceso
57.69%
Serralleiro Persoa que executa as diversas actividades de serraría. Pode tamén executa-la actividade de soldador á que está bastante ligada
46.15%
Técnico de Calidade Actividade co obxectivo de defini-las tolerancias e as condicións de calidade do proceso de tal xeito que se asegure que o resultado final do producto é o que corresponde ás especificacións técnicas e ás expectativas do cliente
42.31%
Chefe de Grupo É a persoa responsable da coordinación de persoas e materiais, co obxectivo de consegui-los obxectivos establecidos
38.46%
Mecânico Persoa de manutención especializada no ramo da mecánica
38.46%
Técnico de Desenvolvimento do Producto O obxectivo desta actividade é facer posible a fabricación dos deseños realizados, delineando e definindo as especificaccións técnicas e os materiais máis axeitados
30.77%
Técnico de Segurança O obxectivo é definir e implementa-los medios e procedementos necesarios para asegura-la mellor seguridade das persoas no momento de realización das actividades. É o responsable de manter ó día a documentación do sistema de seguridade da empresa
30.77%
Técnico de Manutención Persoa que se dedica a manter no mellor estado de uso a tecnoloxía e instalacións. Tamén é responsable de realiza-las reparacións puntuais que xurdan na actividade da empresa
26.92%
Soldador Especialidade que consiste en unir dúas ou máis partes, incorporando un terceiro material que pode ser un electrodo ou outro, conseguindo unha fusión entre tódalas partes. Para tal é utilizada unha tecnoloxía especializada para ese fin (electricidade, gas, ou outros)
26.92%
Fresador Persoa responsable da execución das actividades vencelladas á fresa
26.92%
Torneiro Persoa responsable da execución das actividades relacionadas coa máquina de torno
26.92%
Electromecânico Actividade de manutención industrial: o seu obxectivo é o de levar a cabo a conservación dos medios tecnolóxicos nos aspectos eléctricos e mecánicos
23.08%
Motorista O obxectivo desta actividade é transportar e face-la entrega dos productos ós clientes ou tamén a recollida de materiais e medios para incorporar nos procesos
23.08%
Polidor Persoa que executa a tarefa de puli-los materiais, unha tarefa realizada antes do proceso de pintura
23.08%
Deseñador É a actividade que se dedica a conseguir a mellor concepción dos productos para que teñan a capacidade de utilización para a que se realizan e que respondan ás expectativas dos clientes
19.23%
Técnico de Desenvolvimento do Proceso Actividade destinada a manter e desenvolve-lo sistema de información da empresa baseada en tecnoloxías proprias e axeitadas (ex: SAP)
15.38%
Técnico de laboratório Actividade dedicada á realización de ensaios necesarios para asegurar que as características básicas das materias primas e as materias primas cumpren as especificacións proprias ou esperadas para a súa función
15.38%
Técnico de Planificación Actividade destinada a coordinar tódolos recursos da empresa co obxectivo de presta-lo mellor servicio ó cliente. Normalmente é o que define a orde de fabricación dos pedidos para consegui-los mellores resultados en relación a prazos, utilización de recursos e prazos de entrega
11.54%
Programador de máquinas de CNC Responsable da programación de máquinas convencionais que foran acopladas cun sistema informático
11.54%

Táboa 6.22.- Postos técnicos analizados no sector metalmecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal

Segundo o representante do sector, estas porcentaxes parecen traduci-la realidade do sector. Así e todo, hai que salienta-la función de operario, que pode englobar outras funcións aquí presentadas, xa que, por exemplo, un fresador pode ser considerado un operário. Por outro lado, por exemplo, un Deseñador pode ser en moitos casos un Técnico de Desenvolvimento do Producto.


_____________________________________________________________________________
(1) Departamento de Estatística do Traballo, Emprego e Formación Profesional (DETEFP), Cadros de Persoal 1998
(2) A definición presentada pretende a penas identificar dunha forma simple cada posto. Non se avanzou cara a definicións máis complexas, destacadamente ó nivel das tarefas específicas de cada función, posto que tal non é obxectivo deste estudio.