6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.3.- Análise do sector Metal-mecánico nas empresas consultadas do Norte de Portugal

No relativo ós postos técnicos rexístranse algunhas diferencias entre os diversos postos. Así, en relación á rotatividade a tendencia xeral é para valores baixos, exceptuando o pulidor que presenta un valor lixeiramente máis elevado.

Xa na previsión de número de persoas para os próximos anos, as diferencias entre os postos son significativas. O posto de operário presenta unha tendencia de redución, en canto que nos restantes postos a tendencia é para manter ou aumentar. Os postos de Polidor, Fresador, Técnico de Laboratório e Programador de Máquinas CNC teñen unha tendencia cara a un aumento significativo.

No relativo á posibilidade de incorporación de traballadores españois, dunha forma xeral as empresas manifestáranse positivamente, exceptuando os postos de Serralleiro, Programador de Máquinas CNC e Técnico de Desenvolvimento do Producto.