6.3.4.- Valoración da oferta laboral segundo as empresas analizadas
Nas seguintes táboas preséntanse os resultados das respostas das empresas no referente á oferta existente no mercado de traballo, tanto en relación á cantidade como á calidade dos profesionais existentes (5).
_____________________________________________________________________________
(5) Na análise das táboas relativas á oferta laboral, clarifícanse os seguintes conceptos:
Cantidade: é a resposta á pregunta "¿Existe no mercado de traballo cantidade suficiente para satisface-las necesidades da empresa?". Na escala, 1 significa cantidade moi insuficiente e 5 cantidade longamente suficiente.
Perfis axeitados: é a resposta á pregunta "Os perfis existentes no mercado de traballo ¿son axeitados?". Na escala, 1 significa que os perfiles son moi inaxeitados e 5 unha perfeita adecuación.
|