6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.5.- Análise do sector de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas consultadas

O representante do sector entrevistado presentou algunhas reservas en relación a estes 53,85%. Segundo el, nas entrevistas de selección dise ás persoas o tipo de tarefas a realizar, mais co pasar do tempo non hai unha noción clara das actividades asociadas á función. Nas empresas certificadas, o manual de funcións é obrigatorio, polo que nestes casos os postos están documentados.

Cerca de 31% das empresas estudiadas realizan sistematicamente accións de formación para os seus colaboradores, un valor 5% por riba do valor medio de tódolos sectores. Tratándose dun sector en que a innovación é permanente non son sorpresa estes resultados.