6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.5.- Análise do sector de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas consultadas

Tamén a porcentaxe de empresas que nunca promoveran accións formativas para os colaboradores é máis baixa que a media global, apuntando así, para unha maior preocupación coa formación das empresas deste sector.

O representante do sector revelou algunha estrañeza en relación ós 30,77% de empresas que afirmaran promover accións de formación sistematicamente para os seus colaboradores. Na súa opinión, os colaboradores funcionan, nesta materia, máis nunha lóxica de auto-formación. Agás algúns exemplos nos que se verifica unha aposta na formación, esta área non é unha aposta das empresas do sector das novas tecnoloxías.