6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.5.- Análise do sector de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas consultadas |
![]() Segundo as empresas estudiadas e relativamente ós postos xerais, pode dicirse que, dunha forma xeral as empresas están satisfeitas coa cantidade e a calidade de profesionais existentes. O aspecto máis destacable reside nos postos ligados á área comercial, onde as empresas consideraran, como media, suficiente o número de profesionais existentes no mercado, considerando que os mesmos nen sempre presentan o perfil axeitado. Nos restantes postos, a cantidade e a calidade dos profesionais presenta valores semellantes. O representante do sector presentou algún grao de discordancia relativa á adecuación dos perfiles relacionados coa Dirección Geral. Probablemente, polo feito de que as empresas do sector sexan de reducida dimensión, teña sido o xerente quen o enchera, que poderá ter levado a sinalar positivamente o axustamento do perfil. Anque, na súa opinión, a xestión do cumio nas empresas portuguesas do sector deixa moito que desexar. |