6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.5.- Análise do sector de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas consultadas

No que concerne ós perfiles técnicos destácase o posto Consultores de Implementación de Software, relativo a que as empresas rexistraran a cantidade insuficiente de profesionais para ocupar este posto, considerando, tamén, a penas mediana a calidade dos profesionais existentes no mercado.

Os postos Responsable de Projectos, Técnico de Hardware e Consultor de Telecomunicaccións e Internet presentan, tamén, un déficit en termos de cantidade de profesionais para a súa ocupación, rexistrándose, paralelamente un déficit na calidade dos profesionais existentes no mercado ligados a estas funcións, que no caso da función Responsable de Projectos chega a atinxir valores bastante baixos (2 na escala de 1 a 5).

O posto Analista e Programador, que en relación á cantidade presenta un valor de 3 na escala xa referida presenta un valor de 2 no que concerne á calidade dos profesionais existentes.

De todos estes datos hai que rexistrar un valor medio relativamente baixo no que respecta á adecuación dos perfiles existentes no mercado relacionados cos postos específicos do sector das Tecnoloxías de Información e Comunicación. Este aspecto ligado ó feito da cantidade existente tampouco presentar niveis moi satisfatorios, apunta para a necesidade de apostar na formación de profesionais con estes perfiles.

Relativamente ó posto Administrador (SO, BBDD, redes,...) o representante manifestou algunha estrañeza no que concerne á adecuación dos perfiles (valor 5), isto porque é unha función que esixe formación moi regular, o que normalmente non acontece.