6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.5.- Análise do sector de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas consultadas |
6.5.5.- Incorporación de traballadores nas empresas Neste punto preténdese analiza-las formas de incorporación utilizadas polas empresas do sector das Tecnoloxías de Información e Comunicación, considerando os diversos grupos profesionais normalmente existentes nas empresas: Dirección Geral e Funcional, Chefias Intermedias, Persoal Comercial, Persoal Administrativo e Persoal Técnico/Producción. O primeiro aspecto a resaltar neste sector e que está asociado á reducida dimensión da maioría das empresas co feito de que moitas veces unha mesma persoa estea asociada a postos tradicionalmente pertencentes a diferentes grupos. Por exemplo, hai empresas nas que a función Consultor en Telecomunicaccións e Internet e a función Comercial pode ser desempeñada pola mesma persoa. |