6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.5.- Análise do sector de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas consultadas

Ó contrario dos grupos anteriores o persoal técnico/producción é recrutado maioritariamente a través de referencia de persoal que xa traballa na empresa. Os contactos persoais presentan, tamén, valores significativos, así como as candidaturas espontáneas.

Os servicios públicos de emprego e as instituicións de formación tamén se presentan como formas de incorporación para este tipo de profesionais.