6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL |
6.5.- Análise do sector de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación nas empresas consultadas |
6.5.6.- Análise da Mobilidade Laboral Transfronteiriza Nos puntos relacionados coa oferta e a procura de profesionais para os diversos postos do sector das Tecnoloxías de Información e Comunicación, tentamos analiza-la posibilidade de incorporación de traballadores españois. Así pois, verificamos que nas empresas estudiadas é practicamente nula a existencia de traballadores españois. Tentouse analiza-los obstáculos que poden estar na orixe desta non contratación. As empresas estudiadas presentaron os resultados presentes na figura seguinte. Nuna escala de 1 a 5, en que 1 significa ningún obstáculo e 5 un obstáculo moi grande, verifícase que a falta de instrunentos comúns de achegamento son o principal obstáculo á contratación de traballadores españois. Así tamén, as diferencias salariais, como o descoñecemento dos perfiles profesionais existentes doutro lado da fronteira tamén foran sinalados como factores decisivos para esta ausencia de contratación. Inversamente, o idioma e as diferencias culturais non se asumen como obstáculos significativos á contratación, así como as dificultades legais e administrativas e a necesidade de deslocacións diarias.
|