6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.6.- Análise do sector do Turismo nas empresas consultadas do Norte de Portugal

Das táboas presentadas é de rexistrar que, en termos medios, as empresas consideran que non existe no mercado de traballo persoas suficientes para ocupa-las diversas funcións existentes nas empresas (2,6 nunha escala de 1 a 5). Exceptúanse os postos Director de Alimentación e Bebidas, relativo ó que as empresas rexistraran a existencia suficiente.

A función de Barman é a que as empresas presentan máis dificuldades para atopar persoas no mercado de traballo en cantidades suficientes, sendo que a opinión relativa ós que existen é a de que posúen o perfil relativamente axeitado.

Relativo á función de Recepcionista, rexistrouse unha insuficiente cantidade de persoas para satisface-las necesidades das empresas, tendo as mesmas sinalado que as persoas que existen no mercado non teñen o perfil axeitado para o desempeño da función.

É, aínda, de resaltar que, en termos medios, as empresas do sector do turismo non consideran que as persoas existentes no mercado de traballo teñan o perfil moi axeitado para o desempeño das diversas funcións existentes neste tipo de empresas, apuntando, desta forma, cara unha necesidade de aposta na formación de profesionais para o sector do turismo.