6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.6.- Análise do sector do Turismo nas empresas consultadas do Norte de Portugal

6.6.5.- Incorporación dos traballadores nas empresas

Neste capítulo preséntanse os medios utilizados polas empresas do sector do turismo para a contratación de traballadores para o desempeño das diversas funcións. Dividimos, así, as diversas funcións polos seguintes grupos: Dirección Geral e Funcional; Chefias Intermedias; Persoal Comercial; Persoal Administrativo; Persoal Técnico / Producción.

Dos datos recollidos, é de salientar que os medios máis utilizados polas empresas son os anuncios de traballo na prensa, as candidaturas espontáneas, a referencia de persoal na empresa e persoal que xa desenvolveu unha actividade profesional na empresa.