I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.1 - Acesso ó Mercado Laboral
6

1.1.1. Emprego na Administración Pública

¿Cales son as formas de acceso ó emprego público?
Oposición: consiste na realización dunha serie de probas conforme ó programa e as bases das respectivas convocatorias. As persoas que aproban conseguen unha das prazas convocadas. A puntuación obtida serve para establecer a orde de aspirantes que ingresan.
Concurso: é un sistema no que exclusivamente se valoran os méritos dos candidatos conforme a un baremo preestablecido na convocatoria. As prazas concédense a quen obtén as maiores puntuacións.
Concurso oposición: é un sistema mixto dos dous anteriores, que inclúe unha fase de concurso e outra fase de oposición.