SISTEMA FISCAL

IMPOSTO SOBRE O RENDEMENTO: IRS E IRPF

DIFERENTES SITUACIONS NAS QUE SE PODE ATOPAR UN TRABALLADOR FRONTEIRIZO

I - TRABALLADORES POR CONTA ALLEA - CASO PRATICO 2

ALTERACION DO ESTATUTO DUN TRANSFRONTEIRIZO ESPAÑOL QUE PASA A SER RESIDENTE EN TERRITORIO PORTUGUES

ALTERACION DO ESTATUTO DUN TRANSFRONTEIRIZO PORTUGUES QUE PASA A SER RESIDENTE EN TERRITORIO ESPAÑOL


CASO PRACTICO 2: ALTERACION DO ESTATUTO DUN TRANSFRONTEIRIZO ESPAÑOL QUE PASA A SER RESIDENTE EN TERRITORIO PORTUGUES

Don X é un traballador español que traballa por conta allea nunha empresa privada portuguesa, con sede en Valença. Don X, que inicialmente regresaba a España tódolos días, sendo considerado un traballador fronteirizo, adquiriu un aloxamento en Valença, onde pasou a residir coa súa esposa e dous fillos, tamén eles de nacionalidade española, a partir do mes de Abril dese ano. O centro de intereses vitais, tales como a conta bancaria, as relacións sociais, as actividades culturais, pasou a ser predominantemente en Portugal. Continúa mantendo a súa casa en Galicia, onde se despraza aproximadamente unha vez por semana.

CUESTIONS

a) ¿A efectos fiscais onde é considerado residente?

    En Portugal.

    Don X é considerado residente en Portugal, na medida en que permanece en territorio portugués máis de 183 días e dispón o 31 de Decembro dese ano dun aloxamento en condicións que fan supoñer a intención de mantela e ocupala como residencia habitual, nese mesmo territorio.

    Non sería considerado residente fiscal en España posto que o periodo de permanencia en territorio español durante o ano natural foi inferior a 183 días.

b) ¿A efectos do imposto sobre o rendemento en que país tributan os rendementos obtidos en Portugal?

    Tributan únicamente en Portugal.

    De acordo co artigo 15º da CDT, os rendementos obtidos en Portugal tributan en Portugal (onde é considerado residente) xunto cos restantes rendementos ahí obtidos.

    Se ben nun principio como traballador fronteirizo, durante os tres primeiros meses do ano os rendementos tributaban únicamente en España (non estando os rendementos pagados suxeitos a retención na fonte en Portugal), a partir do momento en que Don X pasa a ser considerado residente en Portugal, comunicando o feito ás autoridades fiscais portuguesas, a situación inicial varía e os rendementos obtidos pasan a tributar nese territorio íntegramente.

c) ¿A entidade patronal que paga os rendementos debe proceder á retención na fonte sobre aqueles?

    Si. A partir do momento en que sexa considerado residente en Portugal.

    Mentras Don X mantén a condición de traballador fronteirizo e o acredita a través dun certificado de residencia fiscal, a entidade que paga os rendementos non debe proceder á retención na fonte sobre os mesmos. A partir do momento en que Don X pasa a ser considerado residente en Portugal, a entidade patronal debe proceder á respectiva retención na fonte.

    Don X deberá proba-la súa residencia ante a Administración Fiscal Portuguesa e solicita-la tarxeta de contribuínte portugués. Deberá tamén solicitar unha declaración acreditativa de que é residente en Portugal a efectos fiscais. Seguidamente, deberá comunicar á entidade patronal a súa nova situación fiscal e presenta-la referida declaración para que aquela poida proceder á practica-las retencións na fonte sobre os rendementos pagados. Deberá comunicar á Administración Fiscal española que xa non é residente en España presentando o certificado de residencia fiscal en Portugal.

d) ¿Que taxa? ¿É necesario que o traballador presente algún documento a estes efectos? ¿E o final do ano existe algún axuste sobre o imposto retido e o imposto final? ¿É necesario presentar algún modelo para o correspondente axuste?

    A retención na fonte é efectuada coas tablas de retención na fonte, publicadas por ministerio da súa Excelencia, o Ministro de Finanzas, tódolos anos. Don X deberá presentar un documento que acredite a súa situación persoal e familiar ó inicio do exercicio da profesión ou cuando xurda cualquer alteración. A retención na fonte funciona como pagamento por conta do imposto a pagar ó final do ano.

    En canto a entrega da declaración de rendementos, Modelo 3 (Anexo VI), a Administración Fiscal definirá a situación do contribuínte, puidéndose dar algunha das tres seguintes situacións:

    S RF=imposto a pagar; non hai pago nen reembolso do IRS

    S RF<imposto a pagar, pago do IRS

    S RF>imposto a pagar, reembolso do IRS

e) ¿A residencia fiscal e a tributación manteríanse iguais no suposto de que Don X fora solteiro e non tivera fillos?

    Nin en Portugal, nin en España, o feito de que Don X non estea casado e non teña fillos en nada altera as respostas.

f) ¿Qué implicacións e que axustes habería que efectuar polo feito de que a entidade pagadora de rendementos non procedera a facer ningunha retención na fonte, mentras Don X foi considerado como traballador fronteirizo, para pasar a reter depois de ser considerado residente?

    O final do ano, unha vez se entregue a declaración de rendementos, a Administración Fiscal procederá a liquidación do imposto tendo en conta que durante os primeiros tres meses non se retivo na fonte, polo que resultará, se se tivese que paga-lo imposto, un valor superior.

g) ¿Manteríase a mesma tributación no suposto de que Don X pasara a residir en Portugal coa súa familia transcurridos máis de 183 días desde o comenzo do ano?

Si, sempre que o seu centro de intereses vitais e económicos, tales como contas bancarias, relacións sociais e familiares, actividades políticas e culturales e o local a partir do cal administra os seus ben se atopase en Portugal.


CASO PRACTICO 2 BIS: ALTERACION DO ESTATUTO DUN TRANSFRONTEIRIZO PORTUGUES QUE PASA A SER RESIDENTE EN TERRITORIO ESPAÑOL

Don X é un traballador portugués que traballa por conta allea nunha empresa privada española, con sede en Galicia. Don X, que inicialmente regresaba a Portugal tódolos días, sendo considerado un traballador fronteirizo, adquiriu un aloxamento en Galicia, onde pasou a residir coa súa esposa e dous fillos, tamén eles de nacionalidade portuguesa, a partir do mes de Abril dese ano. O centro de intereses vitais e económicos, tales como a conta bancaria, as relacións sociais, as actividades culturais, pasou a ser predominantemente en España. Continúa mantendo a súa casa en Portugal, onde se despraza aproximadamente unha vez por semana.

CUESTIONS

a) ¿A efectos fiscais onde é considerado residente?

    En España.

    A efectos fiscais, Don X non é considerado residente en Portugal, por non permanecer en territorio portugués máis de 183 días, seguidos ou intercalados, e ademáis non ten a intención de manter e ocupa-lo aloxamento que ahí ten como a súa residencia habitual.

    Considerarase residente fiscal en España posto que permanece en territorio español máis de 183 días no ano natural.

b) ¿A efectos do imposto sobre o rendemento en que país tributan os rendementos obtidos en España?

    Somente en España.

    De acordo co artigo 15º da CDT, os rendementos obtidos en España tributan en Portugal (onde é considerado residente) xunto cos restantes rendementos ahí obtidos.

    Se ben nun principio mentras era traballador fronteirizo, durante os tres primeiros meses do año os rendementos tributaban únicamente en Portugal (non estando os rendementos pagados suxeitos a retención na fonte en España), a partir do momento en que Don X pasa a ser considerado residente en España, comunicando este feito ás autoridades fiscais españolas, a situación inicial varía e os rendementos obtidos pasan a tributar nese territorio polo IRPF íntegramente.

c) ¿A entidade patronal que paga os rendementos debe proceder á retención na fonte sobre aqueles?

    Si, a partir do momento en que sexa considerado residente en España.

    Mentras Don X mantén a condición de traballador fronteirizo e o acredita a través dun certificado de residencia fiscal, a entidade que paga os rendementos non debe proceder á retención na fonte sobre os mesmos. A partir do momento en que Don X pasa a ser considerado residente en España, a entidade patronal debe proceder á respectiva retención na fonte.

    Don X deberá proba-la súa residencia ante a Administración Fiscal Española e solicita-la tarxeta de contribuínte español. Deberá tamén solicitar unha declaración acreditativa de que é residente en España a efectos fiscais. Seguidamente, deberá comunicar á entidade patronal a súa nova situación fiscal e presenta-la referida declaración para que aquela poida proceder á practica-las retencións na fonte sobre os rendementos pagados.

    Deberá tamén comunicar á Administración Fiscal portuguesa que xa non é residente en Portugal e probalo presentando a tarxeta de contribuínte español e un certificado acreditativo de que é residente en España a efectos fiscais.

d) ¿Que taxa? ¿É necesario que o traballador presente algún documento a estes efectos? ¿E o final do ano existe algún axuste sobre o imposto retido e o imposto final? ¿É necesario presentar algún modelo para o correspondente axuste?

    A retención efectuarase de acordo co método de cálculo establecido nos art. 75 a 82 e 95 do Regulamento do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas.

    Don X deberá comunicar ó pagador a súa situación persoal e familiar que poida influir na determinación do tipo de retención ou nas regularizacións. A retención funciona coma un pago por conta do imposto a pagar ó final, polo que ó final do ano, na liquidación do IRPF ( modelo pendente de publicación na data da redacción deste manual) podería resultar unha deuda tributaria inferior á retención practicada, o que suporía a conseguinte devolución.

e) ¿A residencia fiscal e a tributación manteríanse iguais no suposto de que Don X fora solteiro e non tivera fillos?

    Nin en Portugal, nin en España, o feito de que Don X non estea casado e non teña fillos en nada altera as respostas.

f) ¿Qué implicacións e que axustes habería que efectuar polo feito de que a entidade pagadora de rendementos non procedera a facer ningunha retención na fonte, mentras Don X foi considerado como traballador fronteirizo, para pasar a reter depois de ser considerado residente?

    O final do ano, cando presente a súa declaración do IRPF, efectuarase a liquidación tendo en conta que durante os tres primeiros meses do ano os rendementos derivados do traballo persoal realizado en España non foron obxecto de retención, polo que resultará, se se tivese que pagalo imposto, un valor superior.

g) ¿Manteríase a mesma tributación no suposto de que Don X pasara a residir en España coa súa familia transcurridos máis de 183 días desde o comenzo do ano?

Si, sempre que o seu centro de intereses vitais e económicas, tales como contas bancarias, relacións sociais e familiares, actividades políticas e culturales e o local a partir do cal administra os seus ben se atopase en España.