![]() |
![]() |
SEGURIDADE SOCIAL
ESPAÑA
2.1.5. PENSION DE XUBILACION
SUPOSTO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Valença coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española con sede en Galicia. Está inscrito na Seguridade Social española.
SUPOSTO PRACTICO 2
Don xxx traballa por conta allea nunha empresa española con sede en Vigo e reside en Tui coa súa familia.
Entretanto, a empresa española decide destacalo para a súa sucursal portuguesa, con sede en Valença, para prestar servicios nela durante un prazo de 18 meses, mantendo o seu contrato de traballo coa empresa española durante o período de destacamento.
Don xxx mantén o seu vínculo coa Seguridade Social española durante o periodo de destacamento, dado que así o solicitou en virtude do artigo 17 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Don xxx mantén a súa residencia en España, regresando a ela tódolos venres, e volvendo a Valença tódolos luns.
Durante o seu desprazamento en Portugal, Don xxx cumpre os 65 anos de idade.
Don xxx traballou sempre na empresa española, con excepción dun período de 6 anos, en que o mesmo se desprazou coa súa familia para outro Estado europeo, exercendo nel unha actividade como profesional por conta allea e efectuando os respectivos descontos para a Seguridade Social nese Estado.

CUESTIONS
Supoñendo que Don xxx alcanza a idade de 65 anos o próximo mes, plantéxanse as seguintes cuestións:
Nota: Para dar solución ás seguintes respostas, imos considerar que o noso traballador sempre cotizou á Seguridade Social española.
a) ¿Don xxx está en situación de solicita-la pensión de xubilación cando cumpra os 65 anos?
Sí, posto que segundo a lexislación española esta é a idade xenérica de xubilación.
Ademáis o noso traballador está afiliado e en situación de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social española no momento en que cumpre os 65 anos.
Non obstante, para que nazca o dereito o noso traballador ten que ter 15 anos cotizados e polo menos dous deben estar comprendidos dentro dos 15 anos anteriores ó momento de solicita-la pensión.
b) ¿A que organismo da Seguridade Social se lle debe solicita-la pensión, á portuguesa ou á española?
O noso traballador pode dirixi-la súa solicitude:
Cómpre dicir que o interesado pode solicita-la pensión de xubilación desde os tres meses anteriores á data prevista de cese no traballo.
ou ben
c) ¿Cales son os documentos necesarios para solicita-la pensión de xubilación?
Sen perxuicio de observa-lo contido do formulario que adxuntamos, a principal documentación que o beneficiario ten que aportar é a seguinte:
A entidade xestora, á vista da documentación presentada e outra que poida considerar oportuna, resolverá se o interesado ten ou non dereito á pensión de xubilación.
Como resume do establecido na parte teórica e como xa indicamos na pregunta 1, cómpre lembrar que un dos principais requisitos é o de cumprir un periodo mínimo de cotización de 15 anos dos cales, polo menos dous deben estar comprendidos dentro dos 15 anos anteriores ó momento de xenerarse o dereito.
Ademáis a cuantía da pensión de xubilación depende do número de anos cotizados.
SUPOSTO PRACTICO 2
Don xxx traballa por conta allea nunha empresa española con sede en Vigo e reside en Tui coa súa familia.
Entretanto, a empresa española decide destacalo para a súa sucursal portuguesa, con sede en Valença, para prestar servicios nela durante un prazo de 18 meses, mantendo o seu contrato de traballo coa empresa española durante o período de destacamento.
Don xxx mantén o seu vínculo coa Seguridade Social española durante o periodo de destacamento, dado que así o solicitou en virtude do artigo 17 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Don xxx mantén a súa residencia en España, regresando a ela tódolos venres, e volvendo a Valença tódolos luns.
Durante o seu desprazamento en Portugal, Don xxx cumpre os 65 anos de idade.
Don xxx traballou sempre na empresa española, con excepción dun período de 6 anos, en que o mesmo se desprazou coa súa familia para outro Estado europeo, exercendo nel unha actividade como profesional por conta allea e efectuando os respectivos descontos para a Seguridade Social nese Estado.
CUESTIONS
Como nota introductoria, debemos sinalar que este traballador desprazado mantivo a condición de traballador fronteirizo únicamente durante os primeiros catros meses que estivo destacado en Portugal (artigo 1.b do Regulamento Comunitario 1408/71).
Supoñendo que Don xxx alcanza a idade de 65 anos no próximo mes, plantéxanse as seguintes cuestións:
a) ¿As cotizacións efectuadas para a Seguridade Social no Estado onde exerceu a súa actividade profesional durante os 6 anos referidos entran no cómputo do periodo contributivo para verificar se se cumpre o prazo de cotización necesario para o acceso á pensión de xubilación?
Si.
A resposta é afirmativa en virtude do disposto no artículo 45 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Na medida en que a lexislación española condiciona o nacemento do dereito á pensión de xubilación ó feito de que se cumpra un determinado periodo de cotización, sempre que sexa necesario, terá en conta eses 6 anos cotizados noutro país da Comunidade considerándoos como se se cumpriran en España.
b) ¿A que organismo da Seguridade Social deberá Don xxx acudir para solicita-la pensión de xubilación; pode solicitar a ese organismo un cálculo das prestacións ás que ten dereito?
Segundo o artigo 36.1 do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72, Don xxx deberá dirixi-la súa solicitude de pensión ó organismo español, isto é, á Dirección Provincial do INSS, por ser o seu país de residencia, nun modelo específico nacional. Ver anexo 27.
O solicitante deberá facer constar no formulario a súa afiliación a ese outro país da Comunidade Europea durante un periodo de 6 anos.
Tramitación da solicitude:
A solicitude será tramitada polo INSS (institución instructora) da seguinte maneira:
Se o traballador reúne os requisitos para ter dereito á pensión segundo o disposto na lei española, entón o INSS pagará a pensión ó interesado pero con carácter provisional, quedando á espera da información que lle remita a institución do outro país europeo.
En cambio se non cumpre os requisitos esixidos na lei española, así o fará constar nese mesmo formulario.
Se cumpre o interesado tódolos requisitos esixidos pola lexislación dese país, entón determinaría a cuantía e procedería a abona-la pensión ó interesado.
Podería ocorrer que faltase algún requisito esixido pola lei do país receptor para ter dereito á pensión, coma por exemplo suficientes cotizacións.
Se é así, entón o organismo competente tería que facer uso das cotizacións feitas polo traballador en España e prorratea-la pensión, que sería a que nese país recibiría o interesado.
En consecuencia, sempre que sexa imprescindible recurrir a algún dato cumprido na lexislación doutro estado membro, por moi insignificante que pareza, a pensión ten que ser prorrateada.
Finalmente, unha vez completado o formulario con todos eses datos será devolto ó INSS, o cal resolverá definitivamente sobre a concesión da pensión de xubilación e a súa cuantía, a cargo do organismo español, á vista de tódolos datos facilitados polo país receptor, isto é, polo outro estado europeo.