SEGURIDADE SOCIAL

ESPAÑA

2.1.6. PRESTACIONS POR MORTE Y SUPERVIVENCIA

SUPOSTO PRACTICO
Traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia pero traballa por conta allea nunha empresa domiciliada en Galicia. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social española.
O 3 de marzo, cando regresaba a súa casa en Portugal despois de termina-la xornada de traballo morre nun accidente de tráfico.

O 1 de maio de 1999 morre o traballador, deixando viúva e un fillo de 14 anos.

SUPOSTO PRACTICO
Traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal pero traballa por conta allea nunha empresa domiciliada en Galicia. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social española.
O 1 de maio de 1999 morre este traballador como consecuencia dunha enfermidade común. Estaba solteiro e ata a data do seu falecemento vivía co seu irmán menor de 18 ano e orfo de pais.

A) AUXILIO POR DEFUNCION

CUESTIONS

a) Lexislación aplicable.

    A lexislación española

    En virtude do disposto no artigo 13.2.a) do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador cotiza á Seguridade social española pois presta servicios en territorio español.

    En consecuencia, en materia de subsidio por defunción a lexislación aplicable é a española.

b) Determinar conforme a esa lexislación quenes son os beneficiarios do auxilio por defunción.

Os beneficiarios son aquelas persoas que soportaron os gastos do sepelio do traballador falecido.

A Lei española presume que eses gastos son satisfeitos por:

Non obstante, é unha presunción que admite proba en contra, de tal maneira que pode acreditarse que foron outras persoas as que correron con tódolos gastos do sepelio.

c) A que organismo teñen que dirixir los beneficiarios a solicitude e que documentos deben adxuntar.

Os beneficiarios poden dirixi-la súa solicitude:

ou ben

d) Quen abona esta prestación e cal é a súa cuantía.

A prestación consiste na entrega dunha cantidade que varía segundo quen sexa o beneficiario:

A prestación será abonada integramente polo organismo español.

B) PENSION DE VIUDEDADE E PENSION DE ORFANDADE

SUPOSTO PRACTICO

Traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia pero traballa por conta allea nunha empresa domiciliada en Galicia. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social española.

O 1 de maio de 1999 morre o traballador, deixando viúva e un fillo de 14 anos.

CUESTIONS

a) Lexislación aplicable.

    A lexislación española.

    En virtude do disposto no artigo 13.2.a) do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador cotiza á Seguridade social española pois presta servicios en territorio español.

    En consecuencia, en materia de pensión de viudedade e orfandade a lexislación aplicable é a española.

b) Se de acordo coa lexislación aplicable teñen dereito o fillo e a viúva ás correspondentes prestacións, habería que determinar se o cálculo destas varía en función de cal fora a causa da morte (enfermidade común ou profesional, accidente laboral ou non).

Segundo a lexislación española, hai que diferenciar os supostos seguintes:

Neste caso, se o traballador prestou servicios anteriormente noutro país da Comunidade Europea o organismo español terá en conta as cotizacións que realizou nese Estado Membro para computa-lo periodo de cotización que se esixe segundo a lexislación española (artigo 45 do Regulamento CEE 1408/71).

c) A que organismo teñen os beneficiarios que dirixi-la solicitude e que documentos deben adxuntar.

Segundo este modelo adxunto, tanto para a pensión de viudedade como para a pensión de orfandade habería que presenta-los seguintes documentos:

d) Quen abona esta prestación.

Para responder a esta pregunta, cómpre distingui-los seguintes supostos:

Hai unha excepción:

Cando a morte do traballador sexa debida a unha continxencia profesional (accidente de traballo ou enfermidade profesional) as pensións ás que puideran ter dereito os beneficiarios serán sempre abonadas pola institución do país onde estivo asegurado o traballador falecido (no noso caso España) e de acordo coa súa lexislación.

Matización importante que hai que ter en conta para i) as prestacións de incapacidade permanente, ii) morte e supervivencia e iii) xubilación:

De acordo co artigo 48 do Regulamento Comunitario 1408/71, a institución dun estado membro non estará obrigada a conceder prestacións en virtude do periodo de cotización cumpridos segundo a lexislación que aplique cando:

e

Se se dan estas dúas circunstancias ese Estado non ten a obriga de totalizar periodos de cotización, de tal maneira que non estaría obrigado por norma a pagar prestacións.

Non obstante esta regra xeral ten dúas excepcións:

C) PENSION EN FAVOR DE FAMILIARES

SUPOSTO PRACTICO

Traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal pero traballa por conta allea nunha empresa domiciliada en Galicia. Está afiliado no Sistema da Seguridade Social española.

O 1 de maio de 1999 morre este traballador como consecuencia dunha enfermidade común. Estaba solteiro e ata a data do seu falecemento vivía co seu irmán menor de 18 ano e orfo de pais.

CUESTIONS

a) Lexislación aplicable.

    A lexislación española.

    En virtude do disposto no artigo 13.2.a) do Regulamento CEE n.º 1408/71 o traballador cotiza á Seguridade social española pois presta servicios en territorio español.

    En consecuencia, en materia de prestación a favor de familiares a lexislación aplicable é a española.

b) Determinar se de acordo coa lexislación aplicable ten o irmán do falecido dereito a algunha prestación.

Segundo a lexislación aplicable o seu irmán ten dereito á prestación económica sempre e cando:

Neste caso, se o traballador falecido prestou servicios anteriormente noutro país da Comunidade Europea o organismo español terá en conta as cotizacións que realizou nese Estado Membro para computa-lo periodo de cotización que se esixe segundo a lexislación española (artigo 45 do Regulamento CEE n.º 1408/71).

c) A que organismo ten o beneficiario que dirixi-la solicitude y que documentos debe adxuntar.

Os documentos que hai que presentar en tódolos casos son os seguintes (no propio modelo adxunto especifícanse máis documentos en función da situación concreta):

  1. Quen abona esta prestación.

Para responder a esta pregunta, cómpre distingui-los seguintes supostos:

Hai unha excepción:

Cando a morte do traballador sexa debida a unha continxencia profesional (accidente de traballo ou enfermidade profesional) a prestación á que puidera ter dereito o beneficiario será sempre abonada pola institución do país onde estivo asegurado o traballador falecido (no noso caso España) e de acordo coa súa lexislación.