![]() |
![]() |
SEGURIDADE SOCIAL
ESPAÑA
2.1.7. ACCIDENTE DE TRABALLO I ENFERMIDADE PROFESIONAL
SUPOSTO PRÁCTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Valença coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española con sede en Galicia. Está inscrito na Seguridade Social española.
SUPOSTO PRACTICO 2
Don xxx traballa por conta allea nunha empresa española con sede en Vigo e reside en Tui coa súa familia.
Entretanto, a empresa española decide destaca-lo para a súa sucursal portuguesa, con sede en Valença, para prestar servicios nela durante 18 meses, mantendo o seu contrato de traballo coa empresa española durante o periodo de destacamento.
Don xxx mantén o seu vínculo coa Seguridade Social española durante o periodo de destacamento, dado que así o solicitou en virtude do artigo 17 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Don xxx mantén a súa residencia en España, regresando a ela tódolos venres, e volvendo a Valença tódolos luns.
Don xxx traballou sempre na empresa española, con excepción dun período de 6 anos, en que o mesmo se desprazou coa súa familia para outro Estado europeo, exercendo nel unha actividade como profesional por conta allea e efectuando os respectivos descontos para a Seguridade Social nese Estado.
SUPOSTO PRÁCTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Valença coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española con sede en Galicia. Está inscrito na Seguridade Social española.
CUESTIONS:
Supoñendo que Don xxx é víctima dun accidente de traballo.
a) ¿Cal é o Estado competente para recoñece-la prestación a que tería dereito Don xxx como consecuencia do accidente de traballo?
Fundamentación xurídica: Artigo 53 e ss do Regulamento CEE 1408/71 e o artigo 60 e ss do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72.
Para dar resposta a esta cuestión procede distinguir entre as prestacións en especie (a asistencia sanitaria) e a prestación económica á que tería dereito o traballador:
Asistencia sanitaria
O traballador fronteirizo poderá obte-la asistencia sanitaria tanto en España (país onde traballa) como en Portugal (país de residencia).
Na práctica o traballador só ten o formulario E-106, polo que o normal e que sexa o organismo portugués quen, a través do modelo E-107, se dirixa ás autoridades españolas (ben ó INSS ben directamente á Mutua, dependendo de quen teña a cobertura das continxencias profesionais) para obte-lo formulario E-123.
Finalmente, cómpre indicar que as condicións e amplitude da asistencia sanitaria que o traballador poida recibir en Portugal, será de acordo co que dispoña a lexislación do seu país de residencia, de tal maneira que se, por exemplo, os medicamentos son máis caros en Portugal, a institución española non ten a obriga de reembolsa-la diferencia do gasto.
Prestación económica
A correspondente prestación económica á que poida ter dereito o traballador será recoñecida polo INSS ou pola Mutua (segundo quen teña a xestión da incapacidade temporal) e será abonada directamente pola institución española (INSS ou Mutua) con arregro ó que dispoña a lei española.
A lei española recoñece o pago delegado por parte da empresa, de maneira tal que o traballador percibirá o diñeiro da empresa pero ésta descontarao posteriormente dos seus pagos á Seguridade Social.
A baixa pode ser tramitada, ben por un médico español ou ben por un médico portugués, segundo onde xurda a necesidade.
¿Onde solicitaría a prestación económica?
ou ben
A concesión da prestación por parte do organismo español notificarase mediante o formulario E-117.
No suposto de que sexa un médico portugués o que tramite o parte de alta do traballador, a notificación da terminación de incapacidade realizarase a través do modelo E-118.
En cambio, se é un médico español o que expide o parte de alta, entón utilízase a modelaxe común segundo a normativa española.
b) ¿Cales son os requisitos necesarios para que o accidente sexa considerado como accidente de traballo?
A definición de accidente de traballo establécese no artigo 115 da Lei da Seguridade Social española. Os requisitos que deben concurrir para que proceda a declaración de accidente de traballo son os seguintes:
Na parte teórica detállase máis en profundidade o concepto de accidente de traballo e a ela nos remitimos.
c) ¿Cales son as prestacións ás que Don xxx terá dereito se como resultado do accidente resulta reducida a súa capacidade de traballo ou ganho?
Aplica-lo resolto para os supostos de incapacidade permanente.
d) Se o accidente implica hospitalización, ¿onde terá lugar?
Fundamentación xurídica: Artigo 60.5 do Regulamento de aplicación.
A hospitalización pode ter lugar tanto en España como en Portugal. Neste último caso o organismo portugués notificará ás autoridades españolas dentro dos tres días seguintes a aquél en que teña coñecemento da hospitalización a data de ingreso no establecemento hospitalario e a duración probable da hospitalización así como a data de saída.
O respecto, o organismo portugués deberá remitir ás autoridades españolas o formulario E-113, sobre hospitalización, notificación de ingreso e de saída para que éstas reembolsen os gastos ocasionados.
SUPOSTO PRACTICO 2
Don xxx traballa por conta allea nunha empresa española con sede en Vigo e reside en Tui coa súa familia.
Entretanto, a empresa española decide destaca-lo para a súa sucursal portuguesa, con sede en Valença, para prestar servicios nela durante 18 meses, mantendo o seu contrato de traballo coa empresa española durante o periodo de destacamento.
Don xxx mantén o seu vínculo coa Seguridade Social española durante o periodo de destacamento, dado que así o solicitou en virtude do artigo 17 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Don xxx mantén a súa residencia en España, regresando a ela tódolos venres, e volvendo a Valença tódolos luns.
Don xxx traballou sempre na empresa española, con excepción dun período de 6 anos, en que o mesmo se desprazou coa súa familia para outro Estado europeo, exercendo nel unha actividade como profesional por conta allea e efectuando os respectivos descontos para a Seguridade Social nese Estado.
CUESTIONS
Como nota introductoria, debemos sinalar que este traballador desprazado mantivo a condición de traballador fronteirizo únicamente durante os primeiros catros meses que estivo destacado en Portugal (artigo 1.b do Regulamento CEE n.º 1408/71).
Supoñendo que Don xxx é víctima dun accidente de traballo durante o seu destacamento.
a) Se Don xxx tivera un accidente en Valença ó ir para o seu traballo no sexto mes de destacamento, ¿ este accidente sería considerado como accidente de traballo in itinere?, e por outro lado, ¿cal sería o Estado onde se considerase que tivo lugar o accidente de cara a recoñece-las prestacións ás que tivera dereito?
Fundamentación xurídica: Artigo 56 do R/1408
O accidente "in itinere" acontecido en Valença, considérase que tivo lugar en España por se-lo Estado onde está afiliado o traballador.
b) Supoñendo que lle foi diagnosticada unha enfermidade profesional durante o seu destacamento, ¿en virtude de que lexislación, a víctima pode solicita-las prestacións ás que puidera ter dereito?
Fundamentación xurídica: Artigo 55 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Supoñendo que parte do salario do Don xxx págase pola empresa española e outra parte pola empresa portuguesa.
c) ¿Que ingresos se han de ter en conta para face-lo cálculo da base reguladora a efectos das prestacións correspondentes a conceder como consecuencia do accidente de traballo sufrido polo Don xxx?
O cálculo da base reguladora faise sempre tendo en conta as bases de cotización do traballador; polo tanto o organismo competente calculará a prestación en función das bases reais polas que cotiza o traballador mes a mes.
En principio, o empresario debe cotizar por tódolos conceptos retributivos que lle abona o seu empleado e que non estean excluidos da base de cotización.
No noso caso habería que computar integramente as retribucións pagadas pola empresa española e se as cantidades que lle abona a empresa portuguesa se integran na súa nómina como conceptos computables deberán formar parte igualmente da base de cotización.