![]() |
![]() |
SEGURIDADE SOCIAL
PORTUGAL
2.1.8. PRESTACIONS POR DESEMPREGO
SUBSÍDIO SOCIAL DE DESEMPREGO
Na lexislación portuguesa ademáis da prestación a título de subsidio de desemprego, existe o subsidio social de desemprego, a que teñen dereito os traballadores en determinadas situacións, en función dos seus niveis de rendimentos e da súa situación familiar.
En función disto imos resolve-los seguintes casos:
CASO PRÁTICO 4
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española localizada en Vigo. Este traballador está afiliado no sistema da Seguridade Social española.
Posteriormente ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total pero non ten dereito ó subsidio de desemprego por non ter cuberto o prazo de garantía (rexistro mínimo de contribucións).
CASO PRACTICO 5
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española localizada en Vigo. Este traballador está inscrito na Seguridade Social española.
Posteriormente, ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total.
Percibiu o subsidio de desemprego e agora se lle terminou o periodo de disfrute do mesmo.

a) ¿Ten dereito ó subsidio social de desemprego?
Fundamentación xurídica: Art. 71.1.a),ii) do Regulamento CEE n.º 1408/71
O traballador terá dereito ás prestacións de desemprego conforme o disposto na lexislación portuguesa, que determina que a protección a través do subsidio social de desemprego ten lugar nas situacións nas que non sexa recoñecido o subsidio de desemprego.
b) Se a resposta é afirmativa, especificar cales son os requisitos que se teñen que cumprir e cal é a cuantía á que ten dereito..
A institución que abona a prestación é o Centro Rexional de Seguridade Social portuguesa do lugar de residencia do traballador, unha vez que se verifiquen os seguintes requisitos:
A institución terá en conta os períodos de contribucións cumpridos en España como se se efectuaran en Portugal, presentándose ó efecto o formulario E-301.
Non se recoñece o dereito ás prestacións de desemprego ós beneficiarios que, na data do desemprego, teñan a idade legal de aceso á pensión de xubilación, sempre que se teña cumprido o respectivo prazo de garantía.
A cuantía diaria do subsidio social de desemprego é imputado ó valor da remuneración mínima mensual garantizada á xeneralidade dos traballadores e calculada sobre a base de 30 días no mes, nos seguintes términos:
Sempre que pola aplicación das porcentaxes, o subsidio social de desemprego teña um valor superior á remuneración de referencia, será o mesmo reducido ó montante desta remuneración.
A remuneración de referencia corresponde á remuneración media diaria definida por R/180, en que R representa o total das remuneracións rexistradas nos primeiros 6 meses civís que preceden ó 2º mes anterior á data do desemprego.
Durante o periodo de concesión do subsidio social de desemprego, o seu montante será adaptado ás alteracións relativas da súa situación familiar.
Os periodos de concesión do subsidio de desemprego son os seguintes:
Ós beneficiarios que na data da solicitude teñan unha idade igual ou superior a 45 anos se lles aumenta en 2 meses por cada grupo de 5 anos con rexistro de remuneracións no ambito do réxime xeral, nos últimos 20 anos civís que preceden ó do desemprego.
c) ¿Onde debe solicita-lo subsidio?
A atribución das prestacións de desemprego depende da presentación da solicitude ó CRSS do lugar de residencia do traballador, no prazo de 90 días consecutivos a contar desde a data do desemprego utilizando o modelo nacional (anexo 34), xunto cos seguintes documentos.
Deberá tamén presentar un certificado que mencione os periodos de seguro ou de emprego cumpridos baixo a lexislación española á que estivo suxeito, presentando o formulario E-301.
Para o recoñecemento do subsidio social de desemprego fan proba das respectivas condicións:
CASO PRACTICO 5
Don xxx é un traballador fronteirizo portugués que reside en Portugal coa súa familia e traballa por conta allea nunha empresa española localizada en Vigo. Este traballador está inscrito na Seguridade Social española.
Posteriormente, ó traballador se lle extingue a súa relación laboral, quedando nunha situación de desemprego total.
Percibiu o subsidio de desemprego e agora se lle terminou o periodo de disfrute do mesmo.
a) ¿Ten dereito ó subsidio social de desemprego?
Fundamentación xurídica: Art. 71.1.a),ii) do Regulamento CEE n.º 1408/71
O traballador terá dereito ás prestacións de desemprego conforme o disposto na lexislación portuguesa, que determina que a protección a través do subsidio social de desemprego ten lugar nas situacións en que os beneficiarios teñan esgotado os periodos de concesión do subsidio de desemprego, sempre que se cumpran os demais requisitos.
b) Se a resposta é afirmativa, especificar cales son os requisitos a cumprir e cal é a cuantía á que tería dereito.
A institución que abona a prestación é o Centro Rexional de Seguridade Social do lugar de residencia do o traballador, unha vez que se verifiquen os seguintes requisitos:
A institución terá en conta os períodos de contribucións cumpridos en España como se se efectuaran en Portugal, presentándose ó efecto o formulario E-301.
Non se recoñece o dereito ás prestacións de desemprego ós beneficiarios que, na data do desemprego, teñan a idade legal de aceso á pensión de xubilación, sempre que se teña cumprido o respectivo prazo de garantía.
A cuantía mensual do subsidio social de desemprego é imputado co valor da remuneración mínima mensual garantizada á xeneralidade dos traballadores e calculada sobre a base de 30 días no mes, nos seguintes términos:
Sempre que pola aplicación das porcentaxes, o subsidio social de desemprego teña um valor superior á remuneración de referencia, será o mesmo reducido ó montante desta remuneración.
A remuneración de referencia corresponde á remuneración media diaria definida por R/180, en que R representa o total das remuneracións rexistradas nos primeiros 6 meses civís que preceden ó 2º mes anterior á data do desemprego.
Durante o periodo de concesión do subsidio social de desemprego, o seu montante será adaptado ás alteracións relativas da súa situación familiar.
Os periodos de concesión do subsidio de desemprego son os seguintes:
Ós beneficiarios que na data da solicitude teñan unha idade igual ou superior a 45 anos se lles aumenta en 2 meses por cada grupo de 5 anos con rexistro de remuneracións no ambito do réxime xeral, nos últimos 20 anos civís que preceden ó do desemprego.
c) ¿Onde debe solicita-lo subsidio?
O recoñecemento do subsidio de desemprego social e subseguinte non depende da solicitude pero esixe a presentación dos medios de proba específicos que acrediten as condicións que xustifican o seu recoñecemento, no prazo de 90 días consecutivos a contar desde a cesación do subsidio de desemprego.
Para o recoñecemento do subsidio social de desemprego fan proba das respectivas condicións:
Deberá tamén presentar un certificado que mencione os periodos de seguro ou de emprego cumpridos ó amparo da lexislación española, á cal estivo suxeito, presentando o formulario E-301.