| II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais |
| C - Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para efectos profesionais |
|
Un dos obxectivos centrais da Unión Europea reside na destrucción de calquera tipo de obstáculos que impidan a libre circulación de persoas e servicios entre os Estados-membros. E, obviamente, esa liberdade de circulación conduce a unha situación na cal é executable o exercicio, por parte dos nacionais dos Estados-membros, dunha profesión independente ou dependente noutro Estado-membro distinto daquel onde obtiveron as respectivas formacións profesionais. O recoñecemento profesional tradúcese na acción de recoñecer un título adquirido nun Estado-membro, co obxectivo de posibilitar ao seu titular o acceso ao exercicio dunha profesión regulamentada noutro Estado-membro. Con este propósito, a Unión Europea adoptou un conxunto de medidas que permiten ao cidadán europeo a utilización do seu título para efectos profesionais en cada e calquera Estado-membro da Unión. Estas medidas abarcan todos aqueles títulos que permiten acceder a profesións para as cales existen trabas xurídicas á mobilidade, isto é, profesións regulamentadas no Estado-membro de acollida. Son profesións para o exercicio das cales é indispensable a posesión dun diploma, título, certificado ou cualificación específica. No intento de colocar en campo tales aspiracións foron elaboradas regras e procedementos conducentes ó recoñecemento de titulacións. Foi edificado un sistema xeral de recoñecemento das cualificacións requiridas para o exercicio da maioría das profesións regulamentadas. O recoñecemento da titulación está orientado por un principio crucial: todos e cada un dos cidadáns comunitarios habilitados para o exercicio dunha determinada profesión no seu país de orixe estarán plenamente cualificados para exercer esa mesma profesión no Estado-membro de acollida. Para consolidar e regulamentar tales situacións foron elaboradas directivas comunitarias tendo por obxectivo a definición dun sistema xeral de recoñecemento de cualificacións, anteriormente mencionado. Estas pretendían a creación dun sistema que posibilitase a liberalización ao nivel de movementos profesionais, isto é, vén permitir aos nacionais dos Estados-membros o desenvolvemento dunha actividade profesional, independente ou asalariada, nun Estado-membro distinto daquel onde obtiveron as súas cualificacións profesionais. O espacio territorial de aplicación das Directivas comunitarias ao nivel de recoñecemento de títulos para efectos profesionais resúmese unicamente aos Estados-membros da Unión Europea e aos asinantes do Acordo sobre o Espacio Económico Europeo, isto é, os quince membros da Unión Europea mais Noruega, Islandia e Liechtenstein. Por tanto, benefícianse dos efectos das Directivas os profesionais dos seguintes países: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia, Noruega, Islandia e Liechtenstein. Existen dúas Directivas que regulamentan este recoñecemento: A. Directiva 89/48/CEE referente a un sistema xeral de recoñecemento de titulacións |