ANEXOS
Cuestións prácticas
1. Procedemento para a homologación/equivalencia de títulos universitarios estranxeiros.

1.2. Desprazamento no sentido España-Portugal

Carmen, de nacionalidade española, pretende candidatarse a un emprego como docente do Ensino Superior en portugal. Así, decidiu presentar a súa candidatura a unha oposición aberta pola Universidade do Minho para o Departamento de Economía na categoría de asistente temporal, xa que é licenciada en Ciencias Económicas.

Para tal fin, Carmen necesita solicitar a validación da súa licenciatura en Ciencias Económicas a unha correspondente, de natureza idéntica, conferida por unha universidade portuguesa. A concesión desta validación é responsabilidade do centro de Ensino Superior no cal é solicitada a validación da licenciatura en cuestión.

Deste xeito, Carmen deberá presentar unha solicitude (modelo nº.526), dirixida ao presidente do Consello Científico da Escola ou Facultade onde son impartidos os estudios de Ciencias Económicas, citando nela a licenciatura estranxeira da cal é solicitada a validación, o centro de Ensino Superior estranxeiro que a concedeu e a licenciatura portuguesa a que corresponde a petición de tal validación.

Os documentos que deberán ser anexados á solicitude son os seguintes:

  • - Diploma atestando a titularidade en Ciencias Económicas obxecto da petición da validación;
  • - Documento comprobante (emitido polo centro de Ensino Superior estranxeiro) das materias que superou Carmen, así como a duración dos estudios que levaron á obtención da licenciatura en Ciencias Económicas da cal é solicitada a validación, acompañada da respectiva cualificación final ou cualificacións parciais;
  • - Na eventualidade da súa existencia, dous exemplares de cada disertación consagrada de forma autónoma no plano de estudios;
  • - Carmen necesitará presentar documentos adicionais, se o Consello Científico entende que é relevante para proferir unha decisión.

A decisión do Consello Científico deberá ser publicada no prazo de 60 días.