II. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN PORTUGAL |
II.1. Descrición do Sistema Educativo en Portugal |
O acceso ó ensino básico prodúcese cando os rapazes e rapazas fan 6 anos de idade. Cunha duración de nove anos, o ensino básico componse de 3 ciclos secuenciais, sendo o 1º ciclo de catro anos, o 2º de dous anos e o 3º de tres anos. No ensino básico, a escolarización é obrigatoria ata os 15 anos de idade.
Dado o obxectivo deste traballo, vamos dedicarlle especial atención ó ensino secundario. Así, calquera alumno que superase con éxito o ensino básico pode acceder a calquera das ramas do ensino secundario. Este ten unha duración de tres anos e subdivídese nunha especialidade orientada, principalmente, á continuación dos estudios no ensino superior os denominados cursos xerais e especialidades predominantemente orientadas á entrada no mercado de traballo os chamados cursos tecnolóxicos.
No que respecta ós cursos xerais, e visto que están orientados, principalmente, á continuación dos estudios no nivel de ensino superior, dáselle maior importancia á compoñente de formación científica e menor á compoñente de formación técnica. Existen catro opcións ou especialidades, que son:
Unha vez superada con éxito calquera destas especialidades, obtense un certificado que demostra a formación adquirida.
Canto ós cursos tecnolóxicos, e visto que están orientados principalmente á vida activa, faremos unha análise máis pormenorizada no punto seguinte, que versa sobre a temática da formación profesional en Portugal. Sen embargo, é importante salientar que a superación con éxito destes ciclos dá dereito a un certificado que demostra a formación adquirida, o que vai permitir a continuación de estudios superiores, por un lado, e, polo outro, a posesión da Calificación Profesional de Nivel 3.
As escolas profesionais preséntanse coma unha alternativa á formación proporcionada pelo ensino regrado, resultado da iniciativa de empresas, concellos ou asociacións empresariais, e pretenden responder, dunha forma máis directa, ás necesidades das economías locais e rexionais. Os cursos impartidos nas escolas profesionais, ademais de completar a preparación para a vida activa xa iniciada no ensino básico, procuran dotar os individuos dunha capacidade de integración no mercado laboral a través da adquisición de coñecementos e competencias profesionais. Para obter información máis detallada sobre as escolas profesionais, consúltese o punto II.2.1.2.
Unha vez concluído o ensino secundario, o acceso ó ensino superior está condicionado pola realización do(s) exame(s) de acceso esixidos pela facultade da institución de ensino superior que o alumno escoller, así como pola obtención dunha nota media de acceso (resultante da combinación das calificacións obtidas naquele(s) exame(s) coas obtidas durante o ensino secundario) igual ou superior á calificación mínima fixada pola institución de ensino superior a que se pretende acceder. Constituído polos subsistemas universitario e politécnico, o ensino superior ten unha duración variable, co obxecto de garantir o nivel científico da formación obtida. |