II. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN PORTUGAL |
II.2. A Formación Profesional en Portugal |
II. 2. A FORMACIÓN PROFESIONAL EN PORTUGAL
A LBSE refírese á formación profesional como "modalidade especial da educación escolar" [art. 16º b], co obxectivo de “a integración dinámica no mundo do traballo a través da adquisición de coñecementos e de competencias profesionais, de forma que se responda ás necesidades nacionais de desenvolvemento e á evolución tecnolóxica" (art.º 19º.1). Poden acceder a cursos de formación profesional todos aqueles que concluísen a escolaridade obrigatoria, os que non concluísen a escolaridade obrigatoria ata a idade límite desta, así como os traballadores que pretendan o perfeccionamento ou a reconversión profesionais. O encadramento legal da formación profesional encontráse definido no Decreto-Lei nº 401/91 de 16 de outubro, no que se establecen dous subsistemas de formación artellados: II.2.1. Formación profesional inserida no sistema educativo; II.2.2. Formación profesional inserida no mercado do emprego; O primeiro é da responsabilidade principal do Ministerio da Educación, mentres que o segundo está a cargo, sobre todo, do Ministerio do Traballo e da Seguridade Social. Tal como se encontra definido no decreto citado, estes dous subsistemas diferéncianse pola base institucional dominante (a escola, no que respecta á formación profesional inserida no sistema educativo, e a empresa, no que respecta á formación inserida no mercado laboral) e polos seus destinatarios específicos (no primeiro caso, a comunidade escolar, incluíndo a educación de adultos e a educación extraescolar e, no segundo caso, a población activa empregada ou desempregada, incluíndo nesta os que buscan o primeiro emprego). Non embargante, a pesar destas diferencias, os conceptos, as finalidades, a certificación, as compoñentes, a consideración dos niveis e dos perfís profesionais, a avaliación e a coordenación achegan ámbalas dúas formacións. Daquela, nos parágrafos seguintes faremos referencia a aspectos relacionados coa formación profesional independentemente do sistema educativo ou de emprego en que a mesma se integre. A formación profesional pode ser inicial ou continua. A formación profesional busca fornecer unha calificación profesional certificada, preparando os alumnos e as alumnas para a vida adulta e profesional; neste eido son relevantes o rexime de aprendizaxe, as escolas profesionais e mailo ensino tecnolóxico(que xa mencionamos no epígrafe anterior) e profesional. Canto á formación profesional continua, esta insírese na vida profesional do individuo, realízase durante o percurso desta e ten como obxectivo promover a adaptación ós cambios tecnolóxicos, organizativos ou outros, favorecer a promoción profesional, incrementar a calidade do emprego, contribuír ó desenvolvemento cultural, económico e social. Neste campo, importa salientar, sobre todo, que a formación profesional é obxecto de certificación e que, no certificado expedido polas autoridades competentes na materia, deben constar os seguintes elementos:
De seguida pasaremos a analizar máis polo miúdo os dous subsistemas de formación profesional citados anteriormente. Con este fin, comezamos pola formación profesional inserida no sistema de ensino, para enfocar posteriormente a formación inserida no mercado de traballo. |