| I.- INTRODUCTION |
| 1.2. Estructura do Traballo |
O traballo está integrado por seis capítulos: - Os capítulos 1, 2 e 3 constitúen o marco xeral do estudio. No capítulo 2 preséntase a metodoloxía seguida para a realización do traballo, describindo o modelo conceptual, deseño da enquisa e da mostra, engadindo a ficha técnica e detalles do traballo de campo realizado. - No capítulo 3 inclúese unha presentación do entorno socio laboral e económico da zona de estudio. - O capítulo 4 inclúe a análise comparativa da situación laboral en Galicia Norte de Portugal, abranguendo aspectos xerais relativos ós postos, o proceso de incorporación de traballadores ás empresas e os factores de mobilidade transfronteiriza. - Os capítulos 5 e 6, afondan en cada un dos sectores analizados, detallando a nivel de posto. No capítulo 5 preséntanse as conclusións a nivel de sector e posto na zona transfronteiriza de Galicia e no capítulo 6 faise unha presentación análoga para o Norte de Portugal. Estes capítulos recollen, polo tanto, un total de doce informes sectoriais, onde se afonda en aspectos relativos á demanda, a oferta, e a posibilidade de incorporar traballadores transfronteirizos en cada un dos postos. Así mesmo, analízanse as vías de incorporación de traballadores preferidas polas empresas en cada un dos sectores e grupos de postos analizados. |