2.- METODOLOXÍA
2.4.- Deseño da mostra


Debido ó desequilibrio existente en número de empresas entre Galicia e Norte de Portugal, optouse por utiliza-lo directorio ARDAN das 10.000 primeiras empresas galegas, editado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, como base de referencia para o deseño da mostra nas rexións galegas. En calquer caso, seguíronse os mesmos criterios de agrupación SIC / CNAE en ambos casos. No caso portugués, e para os sectores Turismo e Novas Tecnoloxías, a mostra foi deseñada tendo en conta a Base de Datos de Techminho e a GuiaNet (Base de Datos de Empresas Portuguesas en Internet).
Posto que o presente estudio non procura obter niveis de representatividade estatística por sectores, senón recolle-la mellor información posible partindo da análise de 300 empresas, considerouse que a clave non está na aleatoriedade da mostra, senón nunha boa selección de empresas que cubran as distintas actividades que se desenvolven en cada un dos sectores. Ademais, o desequilibrio no número de empresas existentes por sectores, desfavorece a sectores como o de Tecnoloxías da Información; a súa importancia á hora de xerar emprego nestes intres é enorme, o cal xustifica más aínda a sobre – mostraxe realizada.

Así, o reparto da mostra formulouse de forma que cumplise os seguintes criterios:

- PRIMEIRO CRITERIO: Darlle o mesmo peso a cada un dos seis sectores, con independencia do número de empresas que conforman o universo de partida. Así a mostra final habería de incluír 50 empresas de cada sector, repartidas a ambos lados da fronteira, esto é, 25 no sur de Galicia e 25 no norte de Portugal.
- SEGUNDO CRITERIO: Realizar un reparto da mostra a nivel xeográfico proporcionalmente ó número de empresas. Dado que se pretendía obter finalmente 25 mostras de empresas en cada un dos 6 sectores, tanto para Galicia como para Portugal, a distribución porcentual e xeográfica habería de estar referida ó número de empresas de cada sector e rexión, tal como se amosa nas seguinte táboa.


Têxtil Madeira Constr Metalomec. TIC Tur. AGREGAC. DOS SEIS SECTORES
SUR GALIZA
25
25
25
25
25
25
150
Pontevedra
18
17
19
21
22
21
118
Orense
7
7
6
4
4
4
32
NORTE DE PORTUGAL
25
25
25
25
25
25
150
Braga
23
17
15
18
25
13
111
Bragança
1
1
2
2

3
9
Viana do Castelo
1
5
5
3

5
19
Vila real
0
2
3
2

4
11

Táboa 2.3.- Distribución da mostra por sectores e zonas

- TERCEIRO CRITERIO: A selección das empresas en cada unha das zonas habería de realizarse seguindo un criterio de dimensión (medido pola facturación) e tipo de actividade (segundo a clasificación SIC). Desta forma, dentro de cada sector fíxose unha selección directa de empresas que cumplise dous requisitos:
- Ter unha dimensión suficiente como para poder aportar información sobre os diferentes postos.
- Cubri-las distintas actividades empresariais que poden darse dentro de cada sector.
Debemos indicar que se eliminaron da mostra as empresas de comercio ó detalle, existentes en maior número nas base de datos de empresas portuguesas, por recoller empresas de menor dimensión que as galegas. Se considera que o comercio ó detalle, pode cubrirse de forma transversal, sen requirir un enfoque sectorial. En calquer caso, é importante destacar que algunhas das empresas analizadas teñen actividade de venta ó detalle, polo que o estudio tamén recollerá as funcións relacionadas con esta actividade.

Con arranxo a estes tres criterios, elaborouse unha lista de empresas que se consideraron axeitadas para o estudio e que abrangue as distintas actividades de cada sector. Elaborouse ademais unha lista de empresas “reserva” á que se recurrise cando as empresas da lista inicial non colaboraron.

No apartado correspondente ó traballo de campo indícase a mostra obtida finalmente por sectores e zonas xeográficas.