5.6.2.- Definición dos postos principais nas empresas do sector
Dentro do sector turístico identificáronse nas empresas analizadas unha serie de postos, ós que temos diferenciado entre postos xerais, con máis similitude ós que podemos atopar noutros sectores e os postos técnicos, máis identificados co propio sector turístico. Para cada un deles adxúntase unha breve descrición do cometido ou orientación do mesmo, así como a porcentaxe de empresas analizadas que contan con dito posto.
POSTOS XERAIS
|
DEFINICIÓN
|
EXISTE
|
Dirección Xeral |
Persoa que planea e controla as actividades de producción / prestación de servicios (aloxamento, alimentación, animación, etc.), as actividades financeiras e técnicas (servicios administrativos, financeiros, recursos humanos, limpeza, etc.) do establecemento e define os medios humanos, materiais e financeiros en función das esixencias do mercado e as necesidades do cliente, garantindo a viabilidade financeira da empresa. |
96,88%
|
Dirección Funcional |
O seu cometido é a coordinación e supervisión dos procesos básicos e a responsabilidade sobre tódolos recursos da súa área. |
38,71%
|
Comerciales |
Persoa que realiza funcións semellantes ó promotor de ventas, dedicada a vender os productos / servicios do establecemento en función dos seus obxectivos e estratexias. |
32,26%
|
Administrativos |
Actividade encargada de facilita-lo traballo ó resto da organización. Cabe destaca-la atención ós clientes, a organización dos documentos, etc. |
81,25%
|
Táboa 5.37.- Postos xerais /transversais analizados no Sector do Turismo nas empresas galegas.
|