5.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO SUR DA GALICIA
5.6.- Análise do sector do Turismo en Galicia

Táboa 5.38.- Postos específicos analizados no Sector do Turismo nas empresas galegas.

POSTOS ESPECÍFICOS
DEFINICIÓN
EXISTE
Camareiros/as,

barman...

Persoa que serve nos hoteis, bares, cafeterías ou outros establecementos análogos, e tamén nos barcos de pasaxeiros. Encargado de servir ou preparar bebidas na barra dun bar.
59,38%
Cociñeiro/a e outros

preparadores de

comidas

Persoa que executa actividades de cociña, ten por oficio guisar e adereza-los alimentos.
53,13%
Gobernante/a Hotel Persoa que nos grandes hoteis coordina, organiza e controla as actividades de limpeza e arranxo de habitacións, zonas comúns, servicios de lavandería,...
46,88%
Xefe de Recepción Persoa encargada de organizar, coordinar e controla-la actividade da recepción dun establecemento hoteleiro.
40,63%
Xefe Cociñeiros, camareiros.... Persoa que organiza, coordina e controla as actividades de cociña. Persoa que organiza, coordina e controla as actividades de servicio nos hoteis, bares, cafeterías ou outros establecementos análogos, e tamén nos barcos de pasaxeiros
40,63%
Camareiro/a de pisos Persoa que ten a seu cargo o servicio dun piso no tocante á limpeza de habitacións, conservación do mobiliario, alfombras e demais útiles
28,13%
Mecánico/

mantemento/

chofer

Persoa que executa o conxunto de operacións e coidados necesarios para que instalacións, edificios, industrias, etc., podan seguir funcionando axeitadamente. Persoa que, por oficio, conduce un automóbil .
25,00%
Responsable Animación Hotel Persoa que planea, coordina e controla as actividades de animación do establecemento hoteleiro, en función dos obxectivos e estratexias definidas, tratando de garanti-la satisfacción dos clientes.
15,63%
Promotor de Ventas Persoa que promove e vende activamente os productos / servicios do establecemento en función dos seus obxectivos e estratexias, de forma que garanta as ventas do establecemento e a satisfacción do cliente.
15,63%
Empregado/a axencias de viaxes, recepcionista,... Persoa encargada de atender ó público unha axencia de viaxes ou nunha oficina de recepción
15,63%
Empregado/a de Hotel Persoa que executa os servicios de limpeza, arranxo de habitacións, zonas comúns, servicios de lavandería,...
12,50%
Deportes/ocio

Persoa que coordina e controla as actividades de recreo, pasatempo, diversión ou exercicio

12,50%
Atención ó público/cliente Persoa encargada de atender ó público de forma que garanta un servicio de calidade e de satisfacción ós clientes
12,50%
Dtor. de Alimentación e Bebidas Persoa que dirixe, coordina e controla as actividades de producción alimenticia dun establecemento hoteleiro (cociña, salas, bares, ...) ou asegura a xestión dun establecemento de restauración e bebidas.
9,38%
Axente de viaxes Persoa que negocia ventas ou compras de viaxes nunha axencia destinada a este fin.
6,25%
Balneario (masaxista, bañeiros,..) Persoa responsable da actividade dun balneario, normalmente encárganse de coidar dos baños e servir a quen se baña e de realizar masaxes con fins terapéuticos, deportivos, estéticos, etc
3,13%

Táboa 5.38.- Postos específicos analizados no Sector do Turismo nas empresas galegas.