6.- ANÁLISE SECTORIAL DA ZONA FRONTEIRIZA DO NORTE DE PORTUGAL
6.6.- Análise do sector do Turismo nas empresas consultadas do Norte de Portugal

No sector do turismo, as empresas utilizan en gran medida as candidaturas espontáneas para incorporación de persoal técnico (79%). Mais relativamente a este grupo profesional é de destacar a diversidade de medios utilizados por unha gran porcentaxe de empresas. Deste modo, a orientación de clientes e fornecedores, as referencias de persoal que xa traballa na empresa e os contactos persoais son medios de incorporación moi utilizados.

Cerca de metade das empresas tamén recorren ó servicio público de emprego, así como a institucións ou centros de formación para recrutar persoal técnico/producción.