SEGURIDADE SOCIAL

PORTUGAL

2.1.3. INVALIDEZ

CASO PRACTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo español que exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Reside en Vigo. Despois dunha situación de incapacidade temporal, o traballador seguiu incapacitado para o traballo.

CASO PRACTICO 2
Don xxx é un traballador portugués que exerce unha actividade para unha entidade patronal localizada en Valença, onde reside coa súa familia.
Entretanto, a empresa portuguesa decide destacalo para a súa filial/sucursal española, con sede en Vigo, e decide destacalo para ahí exercer unha actividade polo prazo de 3 meses, mantendo, non obstante, o seu contrato de traballo coa entidade patronal, durante o periodo do destacamento.
Don xxx mantén a súa residencia en Portugal.
Depois dunha incapacidade temporal, o traballador segue incapacitado para o traballo.


CASO PRACTICO 1

Don xxx é un traballador fronteirizo español que exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Reside en Vigo. Despois dunha situación de incapacidade temporal, o traballador seguiu incapacitado para o traballo.

CUESTIONS

  1. Que organismo da seguridade social, o portugués ou o español, determinará os distintos grados de incapacidade?
  2. Prestacións en especie e pecuniarias ás que ten dereito.
  3. Inspeccións e controis ós que estaría sometido. Organismo responsable. Procedemento e trámites.

POSIBILIDADES:

Para resolve-las seguintes cuestións, cómpre distinguir dúas situacións, que poden adaptarse ó caso concreto:

A) O traballador sempre efectuou descontos para a seguridade social portuguesa, na medida en que sempre exerceu a súa actividade para esa entidade patronal localizada en Valença.

a) Que organismo da seguridade social, o portugués ou o español, determinará os distintos grados de incapacidade.

O traballador efectúa contribucións para a seguridade social portuguesa, xa que exerce unha actividade en territorio portugués.

A lexislación portuguesa é competente en materia de protección no suposto de invalidez.

¿Onde solicitaría a prestación pecuniaria á que ten dereito?

A este modelo haberá que adxunta-los seguintes documentos:

O recoñecemento do dereito ás pensións de invalidez depende da certificación da situación de invalidez.

A situación de incapacidade permanente ten que ser confirmada polos Servicios de Verificación das Incapacidades (SVI).

A invalidez é a incapacidade permanente para o traballo, por causa non profesional, posterior a súa inscripción na seguridade social, confirmada polo Sistema de Verificación de Incapacidades (SVI).

Considérase en situación de incapacidade permanente a persoa beneficiaria que non poida obter, na súa profesión, máis dun tercio da remuneración correspondente ó seu exercicio normal.

b) Prestacións médicas e pecuniárias ás que ten dereito.

    Don xxx ten dereito ás prestacións comprendidas polo sistema nacional de saúde pública.

    O efecto, deberá presenta-la tarxeta sanitaria se quere obter esas prestacións en territorio portugués e o formulario E-106 (anexo 1) se recebe asistencia médica en España (mentras non fora declarado pensionista de invalidez). A partir do momento en que sexa considerado un pensionista de invalidez terá que presenta-lo formulario E-121 (anexo 17) para percibir aquelas prestacións.

    En relación ás prestacións pecuniarias, Don xxx ten dereito a unha pensión de invalidez.

    As prestacións de invalidez teñen como obxectivo protexe-lo beneficiario definitivamente incapacitado para a súa profesión, antes de alcanza-la idade de atribución da pensión de xubilación.

    O prazo de garantía para a atribución das pensións de invalidez é de 5 anos civís, seguidos ou intercalados, co rexisto de remuneracións.

    Son considerados os anos civís en que o total de días con rexisto de remuneracións sexa igual ou superior a 120 días.

    No caso de que o traballador teña esgotado o período de 1095 dias de rexistro de remuneracións, nos casos de enfermidade, se ocorre unha situación de incapacidade permanente para o traballo, non é esixible o prazo de garantía.

    O valor mensual da pensión — pensión reglamentaria — é igual à suma da pensión estatutaria coas actualizacións periódicas e os incrementos de actividade acumulados.

    A remuneración de referencia a efectos de cálculo da pensión de invalidez é definida pola fórmula R/140, na que R representa o total das remuneracións dos 10 anos civís a que correspondan as remuneracións máis elevadas, comprendidos nos últimos 15 anos con rexisto das mesmas e actualizadas mediante Portaria. A pensión estatutaria resultante daquela fórmula é igual o 2% da remuneración media polo número da anos con rexistro de remuneracións.

c) Inspeccións e controis ós que estaría sometido. Organismo responsable. Procedemento e trámites.

Os pensionistas de invalidez son controlados no momento en que se presenta a solicitude, polo Sistema de Verificación das Incapacidades, puidendo quedar suxeitos a exames de revisión.

De acordo co artigo 51º do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72, o control administrativo e médico será efectuado, a petición do Centro Rexional da Seguridade Social, polo organismo competente en España segundo as modalidades previstas, xa que o traballador é residente en Vigo.

Non obstante, o Centro Rexional da Seguridade Social conservará a facultade de dispoñer cun médico designado por el controle ó beneficiario.

 

B) O traballador efectuou descontos para a seguridade social portuguesa nos últimos anos, na medida en que exerceu unha actividade para unha entidade patronal localizada en Valença. Non obstante, cando era máis xoven, traballou nunha entidade patronal localizada en Paris, efectuando os respectivos descontos en Francia.

Aplicarase o disposto no caso anterior, se ben hai que ter en conta as seguintes especificidades, que derivan do feito de ter efectuadas cotizacións en dous países da Comunidade Europea.

En virtude do disposto no artigo 39 do Regulamento CEE n.º 1408/71, será o organismo portugués quen determinará se o traballador ten dereito ás prestacións por incapacidade permanente, segundo o previsto na lexislación interna, pois é esta a lexislación aplicable no momento en que se verificou a incapacidade permanente.

De acordo coa lexislación portuguesa, para ter dereito ás prestacións de incapacidade permanente tense que cumprir un prazo de garantía que pode ser completado recurrindo á totalización de períodos contributivos verificados noutros rexímenes de protección social, ben nacionais ou ben estranxeiros. Polo tanto, o Centro Rexional da Seguridade Social, cando fose necesario, terá en conta os períodos contributivos efectuados polo noso traballador en Francia.

Para iso, o Centro Rexional de Seguridade Social solicitará directamente ó organismo francés e mediante un formulario interno, un certificado das contribucións efectuadas polo traballador en Francia.

Por outro lado, o traballador pode dirixi-lo pedido directamente ó Centro Rexional de Seguridade Social en Valença, utilizando un modelo específico (anexo 16) ou dirixi-lo pedido ó organismo español por ser o seu estado de residencia, o cal transmitirá o pedido ó organismo portugués.

As prestacións corren a cargo exclusivamente da Seguridade Social portuguesa se o traballador reune tódalas condicións necesarias, segundo a lei portuguesa, ainda que teña que ter en conta os períodos de contribución efectuados en Francia.

Nota importante que hai que ter en conta para i) as prestacións de incapacidade permanente, ii) morte e supervivencia e iii) xubilación:

De acordo co disposto no artigo 48º do Regulamento CEE n.º 1408/71, a institución dun Estado-membro non estará obrigada a conceder prestacións en virtude do periodo contributivo cumprido segundo a lexislación interna, cando:

e

Se se verificasen estas dúas condicións ese Estado non ten a obriga de efectua-lo pago das prestacións.


CASO PRACTICO 2

Don xxx é un traballador portugués que exerce unha actividade para unha entidade patronal localizada en Valença, onde reside coa súa familia.

Entretanto, a empresa portuguesa decide destacalo para a súa filial/sucursal española, con sede en Vigo, e decide destacalo para ahí exercer unha actividade polo prazo de 3 meses, mantendo, non obstante, o seu contrato de traballo coa entidade patronal, durante o periodo do destacamento.

Don xxx mantén a súa residencia en Portugal.

Depois dunha incapacidade temporal, o traballador segue incapacitado para o traballo.

RESOLUCION DO CASO