SEGURIDADE SOCIAL

PORTUGAL

2.1.2. PRESTACIONS SOCIAS NAS SITUACIONS DE LICENCIA POR MATERNIDADE

 CASO PRACTICO 1
Dona xxx é unha traballadora fronteiriza española que exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Ten a súa residencia habitual en Vigo. Atópase embarazada.

CASO PRACTICO 2
Dona xxx é unha traballadora portuguesa que exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Esta traballadora vive en Valença. Está embarazada.
A entidade patronal que a contratou ten unha filial/sucursal en España e decide destacala para ahí, conservando o seu vínculo profesional coa entidade patronal localizada en Valença. Non obstante, a traballadora mantén a súa residencia en Portugal.

CUESTIONS

a) En que país e a que organismo a traballadora pagará as súas contribucións á Seguridade Social?

    En Portugal.

    A traballadora ten que cotizar ó Réxime obrigatorio da Seguridade Social portuguesa na medida en que exerce unha actividade para unha entidade patronal situada en Portugal.

    Precisamente, o Regulamento CEE n.º 1408/71 no seu artigo 13.2.a establece como regra xeral que o traballador por conta allea quedará sometido á lei do país onde traballa.

    A entidade patronal deberá incribir ó traballador no réxime xeral da Seguridade Social portuguesa no momento da súa admisión.

    As contribucións deberán pagarse na institución da seguridade social do lugar onde se atopa a empresa. As contribucións (tanto a cargo da entidade patronal como do traballador) serán descontadas e entregadas na Seguridade Social pola entidade patronal.

b) Asistencia médica anterior ó parto. Trámites.

Fundamentación xurídica: Artigo 18 e ss do Regulamento CEE n.º 1408/71 e artigo 17 e ss do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72.

A traballadora fronteiriza poderá obte-la asistencia médica tanto en Portugal (país onde traballa) como en España (país de residencia).

En ámbolos dous países a través do Servicio Nacional de Saúde (en Portugal a través da Administración Rexional de Saúde)

Se a traballadora non presenta o formulario, entón a institución española dirixirase ás autoridades portuguesas para obtelo a través do modelo E-107 (anexo 3).

Entendemos que en España, a Dona xxx debería ter un médico de cabeceira para tódalas consultas que necesitase facer.

Finalmente, cómpre indicar que as condicións e ámbito da asistencia médica que a traballadora poida recibir en España, será de acordo co que dispoña a lexislación deste país.

c) Asistencia médica no momento do parto. Trâmites

    Aplícase a mesma resposta da cuestión anterior.

    Com referencia á asistencia a que a traballadora ten dereito, remitímonos ó disposto na parte teórica:

    De acordo coa lexislación portuguesa, asegúrase á muller o dereito de efectuar gratuitamente as consultas e os exames aconsellados polo seu médico asistente durante o embarazo e nos 60 días posteriores.

    Ós centros de saúde, en relación coa muller embarazada e sen cargo para esta, incúmbelles asegura-lo transporte da muller embarazada en situación de risco, coa utilización de medios propios ou en colaboración con outras entidades.

    Durante o primeiro ano de vida a criatura será sometida, gratuitamente, a un mínimo de 9 exames médicos, escalonados segundo a prescripción médica, de acordo coa súa saúde e o seu estadio de desenvolvimento.

d) Licencia de parto. Trámites.

    A licencia pode ser concedida ben por un médico portugués ben por un médico español. Normalmente, o médico que prescribe a baixa é o médico asistente.

    Con referencia á licencia de parto á que a traballadora ten dereito, remitímonos ó disposto na parte teórica:

    En Portugal, a muller ten dereito a unha licencia por maternidade de 120 días consecutivos, 90 dos cales necesariamente deben seguiró o parto, puidendo os restantes ser disfrutados, total ou parcialmente, antes ou depois do parto.

    Nos casos de nacimentos múltiples, o período de licencia previsto no número anterior auméntase en 30 días por cada xemelo ademáis do primeiro.

    En caso de situación de risco clínico que implique o internamento hospitalario, o período de licencia anterior ó parto pode ser incrementado nun período de ata 30 días, sen perxuicio do dereito ós 90 días de licencia despois do parto.

    A efectos de disfrute de licencia por maternidade antes do parto, debe a traballadora presentar un certificado médico que confirme a conveniencia de disfrute de parte da licencia antes do parto e indique a data prevista para este. A comunicación debe ser feita coa antelación mínima de 10 días ou, en caso de urxencia debidamente comprobada polo médico, cando sexa posible.

e) Prestacións pecuniárias durante a licencia por maternidade.

Com referencia à prestación pecuniária a que a traballadora ten dereito, remitímonos ó disposto na parte teórica:

Se a traballadora prestou servicios noutro estado europeo, a Seguridade Social Portuguesa terá en conta, se fose necesario para cumpri-lo prazo de garantia, as contribucións ahí efectuadas, como se tratase de contribucións feitas en territorio portugués. Deberá presentarse o formulario E-104. ( anexo 10).

O subsidio comenza o primeiro día de impedimento para o traballo en que non sexa atribuida remuneración, durante o tempo de duración da licencia non remunerada.

¿Onde solicitaría a prestación económica?

ou

A traballadora debe dirixirse no prazo de 3 días á institución do lugar de residencia e presentar o formulario E-115 (anexo 5), así como o formulario E-116 (anexo 6) onde consta o informe médico expedido polo seu médico asistente.

A concesión da prestación económica notificarase mediante o formulario E-117 (anexo 7).

Este formulario tamén autoriza ó país de residencia a proceder ó pago da prestación por conta do estado competente.

Se o servicio receptor do formulario E-117 (Portugal) non concorda co informe médico enviado, emitirá o formulario E-118 para dar de alta ó traballador. (anexo 8).

Se as prestacións pecuniarias fosen pagadas pola institución do lugar de residencia, por conta da institución competente, esta informará o interesado e indicará a aquela institución o montante das prestacións pecuniarias, as datas en que estas debem ser pagadas e o período máximo da súa concesión tal e como estea previsto na lexislación do estado competente.

Normalmente é o estado competente quen paga directamente aquelas prestacións pecuniarias á traballadora, normalmente a través de cheque enviado a ésta.

CASO PRACTICO 2

Dona xxx é unha traballadora portuguesa que exerce unha actividade por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Esta traballadora vive en Valença. Está embarazada.

A entidade patronal que a contratou ten unha filial/sucursal en España e decide destacala para ahí, conservando o seu vínculo profesional coa entidade patronal localizada en Valença. Non obstante, a traballadora mantén a súa residencia en Portugal.

CUESTIONS

a) En que país e a que organismo o traballador pagará as súas contribucións á Seguridade Social?

    En Portugal.

    Segundo o disposto no artigo 14 do Regulamento CEE n.º 1408/71 a traballadora que exerza unha actividade no territorio dun dos Estados comunitarios por conta allea ó servicio dunha empresa para a que traballe normalmente, e que sexa destacado no territorio do outro Estado co fin de efectuar alí un traballo por conta da empresa, quedará suxeito á lexislación da Seguridade Social do primeiro Estado sempre que:

    - O traballo a realizar no país de destacamento non exceda de 12 meses. Este período pode ser ampliado ata 12 meses máis previa conformidade da autoridade competente do Estado membro no que esté destacado.

    - A traballadora por conta allea non sexa enviado en substitución doutra persoa que teña chegado ó remate do período polo que foi destacado.

    En consecuencia, a traballadora cotizará á Seguridade Social portuguesa, aínda que se encontre a exercer unha actividade nunha empresa española.

    A institución competente, isto é, o Centro Rexional de Seguridade Social deberá expedi-lo formulario E-101 (certificado relativo á lexislación aplicable) que pressupõe a emissión do formulario E-128 (anexo 12 e 13 respectivamente) e entregarllo á traballadora, quen deberá conservalo durante a súa estancia en España.

b) Asistencia médica anterior ó parto. Trámites.

Fundamentación xurídica: Aplicación do artigo 22.b do Regulamento CEE n.º 1408/71

Os gastos de asistencia sanitaria prestados en España correrán a cargo do organismo portugués.

c) Asistencia médica no momento do parto. Trámites

    Aplícase a mesma resposta da cuestión anterior.

    Com referencia á asistencia a que a traballadora ten dereito, remitímonos ó disposto na parte teórica:

    De acordo coa lexislación portuguesa, asegúrase á muller o dereito de efectuar gratuitamente as consultas e os exames aconsellados polo seu médico asistente durante o embarazo e nos 60 días posteriores.

    Ós centros de saúde, en relación coa muller embarazada e sen cargo para esta, incúmbelles asegura-lo transporte das criaturas en situación de risco, coa utilización de medios propios ou en colaboración con outras entidades.

    Durante o primeiro ano de vida a criatura será sometida, gratuitamente, a un mínimo de 9 exames médicos, escalonados segundo a prescripción médica, de acordo coa súa saúde e o seu estadio de desenvolvimento.

d) Licencia de parto. Trámites

    A licencia pode ser concedida ben por un médico portugués ben por un médico español. Normalmente, o médico que prescribe a licencia é o médico asistente.

    Con referencia á licencia de parto á que a traballadora ten dereito, remitímonos ó disposto na parte teórica:

    En Portugal, a muller ten dereito a unha licencia por maternidade de 120 días consecutivos, 90 dos cales necesariamente deben seguiró o parto, puidendo os restantes ser disfrutados, total ou parcialmente, antes ou depois do parto.

    Nos casos de nacimentos múltiples, o período de licencia previsto no número anterior auméntase en 30 días por cada xemelo ademáis do primeiro.

    En caso de situación de risco clínico que implique o internamento hospitalario, o período de licencia anterior ó parto pode ser incrementado nun período de ata 30 días, sen perxuicio do dereito ós 90 días de licencia despois do parto.

    A efectos de disfrute de licencia por maternidade antes do parto, debe a traballadora presentar un certificado médico que confirme a conveniencia de disfrute de parte da licencia antes do parto e indique a data prevista para este. A comunicación debe ser feita coa antelación mínima de 10 días ou, en caso de urxencia debidamente comprobada polo médico, cando sexa posible.

e) Prestacións pecuniárias durante a licencia por maternidade

Com referencia à prestación pecuniária a que a traballadora ten dereito, remitímonos ó disposto na parte teórica:

Se a traballadora prestou servicios noutro estado europeo, a Seguridade Social Portuguesa terá en conta, se fose necesario para cumpri-lo prazo de garantia, as contribucións ahí efectuadas, como se tratase de contribucións feitas en territorio portugués. Deberá presentarse o formulario E-104. (anexo 10).

O subsidio comenza o primeiro día de impedimento para o traballo en que non sexa atribuida remuneración, durante o tempo de duración da licencia non remunerada.

¿Onde solicitaría a prestación económica?

ou

A traballadora debe dirixirse no prazo de 3 días á institución do lugar de residencia e presentar o formulario E-115, así como o formulario E-116 onde consta o informe médico expedido polo seu médico asistente.

A concesión da prestación económica notificarase mediante o formulario E-117.

Este formulario tamén autoriza ó país de residencia a proceder ó pago da prestación por conta do estado competente.

Se o servicio receptor do formulario E-117 (Portugal) non concorda co informe médico enviado, emitirá o formulario E-118 para dar de alta á traballadora.

Se a traballadora se atopase en España durante a licencia por maternidade, as prestacións pecuniarias posen ser pagadas pola institución da seguridade social na que se atopa comprendida, por conta da institución competente. A institución competente informará á interesada e indicará a aquela institución o montante das prestacións pecuniarias, as datas en que estas debem ser pagadas e o período máximo da súa concesión.

Normalmente é o estado competente quen paga directamente aquelas prestacións pecuniarias á traballadora, normalmente a través de cheque enviado a ésta.

Evidentemente, pagarase a prestación en Portugal se a traballadora se atopase no lugar da súa residencia (Valença) durante a licencia.