![]() |
![]() |
SEGURIDADE SOCIAL
PORTUGAL
2.1.7. ACCIDENTES DE TRABALLO
CASO PRÁCTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia e traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está inscrito na Seguridade Social portuguesa.
CASO PRACTICO 2
Don xxx traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença e reside nesta cidade coa súa familia.
Entretanto, a empresa portuguesa decide destaca-lo para a súa sucursal española, localizada en Tui, para prestar servicios nela durante 18 meses, mantendo o seu contrato de traballo coa entidade patronal durante o periodo de destacamento.
Don xxx mantén o seu vínculo coa Seguridade Social portuguesa durante o periodo de destacamento, dado que así o solicitou en virtude do artigo 17º do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Don xxx mantén a súa residencia en Portugal, regresando a ela tódolos venres e volvendo a Valença tódolos luns.
Don xxx traballou sempre na empresa portuguesa, con excepción dun periodo de 6 anos, en que o mesmo se desprazou coa súa familia para outro Estado europeo, exercendo nel unha actividade como profesional por conta allea e efectuando os respectivos descontos para a Seguridade Social nese Estado.
CASO PRÁCTICO 1
Don xxx é un traballador fronteirizo español que reside en Galicia coa súa familia e traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença. Está inscrito na Seguridade Social portuguesa.
CUESTIONS
Supoñendo que Don xxx é víctima dun accidente de traballo.
a) ¿Cal é o Estado competente para recoñece-la prestación a que tería dereito Don xxx como consecuencia do accidente de traballo?
Fundamentación xurídica: Artigo 53 e ss do Regulamento CEE n.º 1408/71 e o artigo 60 e ss do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72.
Para dar resposta a esta cuestión procede distinguir entre as prestacións en especie (a asistencia sanitaria) e a prestación económica á que tería dereito o traballador:
Asistencia sanitaria
O traballador fronteirizo poderá obte-la asistencia sanitaria tanto en Portugal (país onde traballa) como en España (país onde reside).
En Portugal recibirá asistencia sanitaria presentando a súa tarxeta de beneficiario da Seguridade Social (tarxeta sanitaria).
En España recibirá asistencia sanitaria presentando o formulario E-123 (certificado do dereito ás prestacións en especie relativas a accidentes de traballo i enfermidades profesionais) que deberá ser expedido polo Centro Nacional de Protección Contra os Riscos Profesionais (anexo 11).
Na práctica o traballador só ten o formulario E-106 (anexo 1), polo que o normal e que sexa o organismo español quen, a través do modelo E-107 (anexo 3), se dirixa ás autoridades portuguesas para obte-lo formulario E-123.
Finalmente, cómpre indicar que as condicións e amplitude da asistencia sanitaria que o traballador poida recibir en España, será de acordo co que dispoña a lexislación dese país.
Prestacións pecuniarias
A prestación pecuniaria á que poida ter dereito o traballador será recoñecida pola Empresa Aseguradora (institución competente).
A baixa pode ser tramitada, ben por un médico portugués ou ben por un médico español, segundo onde xurda a necesidade.
Don xxx deberá informar á Seguridade Social portuguesa para que ésta efectúe os lanzamentos por equivalencia.
Ou
Don xxx deberá informar á institución española por ser España o seu país de residencia, presentando o formulario E-115 (anexo 5), así como o formulario E-116 (anexo 6), onde consta o informe do médico que lle asiste, dentro dos tres días seguintes a súa incapacidade.
Pola súa parte, a institución española deberá enviar aqueles formularios á Seguridade Social Portuguesa.
b) ¿Cales son os requisitos necesarios para que o accidente sexa considerado como accidente de traballo?
É accidente de traballo aquel que ten lugar no centro e no tempo de traballo e produce directa ou indirectamente lesión corporal, perturbación funcional ou enfermidade da que resulte unha reducción da capacidade para o traballo ou a morte.
Considérase tamén accidente de traballo o ocorrido:
c) ¿Cales son as prestacións ás que Don xxx terá dereito se como resultado do accidente resulta reducida a súa capacidade de traballo ou ganancia?
Don xxx terá dereito ás seguintes prestacións:
As indemnizacións son debidas mentras o sinistrado estivera en réxime de tratamento ambulatorio ou de rehabilitación profesional; pero serán reducidas ó 45% durante o período de internamento hospitalario ou durante o tempo en que corran por conta da entidade empregadora ou seguradora os gastos con asistencia clínica e alimentos do mesmo sinistrado, se este fora solteiro, non convivira de feito ou non tivera fillos ou outras persoas o seu cargo.
A retribución correspondente ó día do accidente será pagada pola entidade empregadora.
d) Se o accidente implica hospitalización, ¿onde terá lugar?
Fundamentación xurídica: Artigo 60.5 do Regulamento de aplicación CEE n.º 574/72.
A hospitalización pode ter lugar tanto en Portugal como en España. Neste último caso o organismo español notificará ás autoridades portuguesas dentro dos tres días seguintes a aquél en que teña coñecemento da hospitalización a data de ingreso no establecemento hospitalario e a duración probable da hospitalización así como a data de saída, a través do formulario E-113, E-115, E-116 e E-118 (anexo 4,5,6 e 8).
Se a hospitalización ou internamento ten lugar en Portugal e posteriormente o Don xxx pretender ser trasladado para España, poderá solicitalo, tendo ahí dereito á hospitalización e internamento como se estivesse inscrito na Seguridade Social española por conta do estado portugués. Deberá presentarse o formulario E-123 (anexo 11).
CASO PRACTICO 2
Don xxx traballa por conta allea nunha entidade patronal localizada en Valença e reside nesta cidade coa súa familia.
Entretanto, a empresa portuguesa decide destaca-lo para a súa sucursal española, localizada en Tui, para prestar servicios nela durante 18 meses, mantendo o seu contrato de traballo coa entidade patronal durante o periodo de destacamento.
Don xxx mantén o seu vínculo coa Seguridade Social portuguesa durante o periodo de destacamento, dado que así o solicitou en virtude do artigo 17º do Regulamento CEE n.º 1408/71.
Don xxx mantén a súa residencia en Portugal, regresando a ela tódolos venres e volvendo a Valença tódolos luns.
Don xxx traballou sempre na empresa portuguesa, con excepción dun periodo de 6 anos, en que o mesmo se desprazou coa súa familia para outro Estado europeo, exercendo nel unha actividade como profesional por conta allea e efectuando os respectivos descontos para a Seguridade Social nese Estado.
CUESTIONS
Como nota introductoria, debemos primeiramente sinalar que este traballador durante o seu destacamento en España efectuou cotizacións para a seguridade social portuguesa.
Supoñendo que Don xxx é víctima dun accidente de traballo durante o seu destacamento.
a) Se Don xxx tivera un accidente en Vigo ó ir para o seu lugar de traballo durante o sexto mes de destacamento, ¿este accidente sería considerado como accidente de traballo "in itinere"?, e por outro lado, ¿cal sería o Estado onde se considerase que tivo lugar o accidente de cara a recoñece-las prestacións ás que tivera dereito?
Fundamentación xurídica: Artigo 56 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
O accidente in itinere, ocorrido en Vigo, considérase que tivo lugar no Estado competente, ou sexa, en Portugal.
b) Supoñendo que lle foi diagnosticada unha enfermidade profesional durante o seu destacamento, ¿en virtude de que lexislación, a víctima pode solicita-las prestacións ás que puidera ter dereito?
Fundamentación xurídica: Artigo 55 do Regulamento CEE n.º 1408/71.
As enfermedades profesionais constarán, taxativamente, na lista organizada e publicada polo Ministerio de Traballo e da Solidariedade (Tabla nacional de incapacidades por accidentes de traballo i enfermedades profesionais)
Terase dereito á reparación urxente das doenzas profesionais cando se verifiquen as seguintes condicións:
Supoñendo que parte do salario do Don xxx é pagado pola empresa española e outra parte pola empresa portuguesa.
c) ¿Qué ingresos se han de ter en conta para face-lo cálculo da base reguladora a efectos das prestacións correspondentes a conceder como consecuencia do accidente de traballo sufrido polo Don xxx?
As indemnizacións e pensións serán calculadas con base na suma das retribucións obtidas.