Traballar no espacio económico europeo
Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para efectos profesionais
Tributación
Seguridade Social
Desemprego
Enderezos útiles
VIVER EM PORTUGAL
Trabalhar na Galiza

O Tratado da CE establece o principio do dereito dos cidadáns da Unión Europea a circular e permanecer libremente no territorio dos Estados Membros, suxeitos a determinadas condicións.

O principio básico polo que se rexen as condicións de acceso ó emprego dos traballadores da Unión Europea nos Estados membros é o de recibir un trato igual ó que se lles dispensa ós traballadores nacionais.

O principio de igualdade de trato á hora de acceder ó emprego significa que os traballadores da UE terán a mesma prioridade cós nacionais cando se trate de accederen a un emprego en calquera estado membro. Os Estados membros non poden impor ningunha condición que poida levar a unha discriminación dos cidadáns da UE non nacionais ou que poida restrinxi-lo seu dereito a accederen a un emprego.

O principio da libre circulación dos traballadores dentro da Unión aplícaselles tamén ós traballadores FRONTEIRIZOS, é dicir, ás persoas que traballan nun país da Unión e residen noutro. Sem embargo, a definición de traballador fronteirizo pode variar en función do ámbito que se considere (normativa fiscal, dereitos sociais, etc.).

Neste folleto ofrecemos algunhas informacións de interese para todas aquelas persoas que teñan fixada a súa residencia en Galicia e traballen ou pretendan traballar en Portugal.

Aínda que este traballo foi realizado co máximo interese, o servicio EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia non aceptará responsabilidades derivadas da utilización desta información.

 

Copyright © 2000, EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia
Reservados tódolos dereitos