Traballar no espacio económico europeo
Recoñecemento de títulos obtidos na Unión Europea para efectos profesionais
Tributación
Seguridade Social
Desemprego
Enderezos útiles
VIVER EM PORTUGAL
Trabalhar na Galiza

As normas comunitarias sobre a coordinación dos programas de Seguridade Social dos Estados membros están contidas nos Regulamentos 1408/71 e 574/72 da CEE.

Polo que se refire ás prestacións por desemprego, os traballadores fronteirizos, é dicir, aqueles que exercen unha actividade asalariada no territorio dun estado membro diferente daquel no que residen, regresando a este último diariamente ou polo menos unha vez por semana, teñen un tratamento diferenciado daquel que está previsto para os demais desempregados.

Segundo se recolle no artigo 71.a).ii) do Regulamento 1408/71 da CE "o traballador fronteirizo, por conta doutra persoa, en situación de desemprego completo, gozará das prestacións conforme o disposto na lexislación do Estado membro do territorio no que reside, como se tivera estado sometido a esta lexislación mentres ocupaba o seu último emprego". Estas prestacións son concedidas e abonadas pola institución do lugar de residencia e quedan ó seu cargo.

Esto significa que teñen que face-la súa inscrición e requerir a prestación de desemprego nos centros de emprego do país de residencia.

Para beneficiarse da prestación de desemprego, os traballadores fronteirizos teñen que presentar na institución competente do país de residencia, un formulario E 301, emitido pola institución de seguro do país no que estivesen suxeitos en último lugar, a efectos de verificación de dereitos e procesamento das prestacións. Ademais, se fose necesario, computaranse tamén as cotizacións efectuadas polo traballador no país de residencia ou noutro país da Comunidade Europea.

No relativo ó cálculo da prestación de desemprego, a súa contía determinarase en función dos salarios recibidos inmediatamente antes, no país no que estivesen empregados como traballadores fronteirizos.

Para obter máis información deberá contactar cos servicios de información do INEM máis próximos.
 

Copyright © 2000, EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia
Reservados tódolos dereitos