II. Desprazamento no sentido España-Portugal xustificado por motivos académicos ou profesionais
A - Equivalencias de titulacións estranxeiras ás correspondentes titulacións portuguesas e situacións especiais relativas a estudiantes provenientes de sistemas de Ensino Superior estranxeiros
1. INGRESO NO ENSINO SUPERIOR (BACHARELATO, LICENCIATURA…)

Os alumnos con estudios secundarios realizados no estranxeiro (España) que queiran iniciar estudios universitarios en Portugal deben:

a) Obter a homologación dos seus estudios de Ensino Secundario;
b) Ter realizado, no ano en que se queren iniciar os estudios, as probas de ingreso ao Ensino Superior esixidas polo curso do centro de Ensino Superior escollido polo alumno (trátase da norma xeral, existen algunhas excepcións);
c) Ter unha nota de candidatura igual ou superior á cualificación mínima fixada polo centro de Ensino Superior ao que se quere concorrer;
d) Satisfacer os requisitos previos, no caso de seren esixidos.