II. Acceso á actividade Empresarial e/ou Profesional | ||
2.2 O empresario individual. | ||
É aquela persoa física que exercita en nome propio, por sí ou por medio de delegados, unha actividade comercial ou industrial, asumindo, en nome propio e co seu patrimonio persoal, a xestión e o risco das operacións. Polo tanto, os requisitos para ser empresario son os seguintes: - Gozar de capacidade xurídica xeral. - Ser maior de idade e ter a libre disposición dos seus bens. - Exerce-la actividade habitualmente . - Asumi-las obrigas derivadas da actividade. Debe sinalarse, sen embargo, que existen certas prohibicións para ser empresario, das cales unhas afectan a todo o territorio nacional (militares, clérigos, quebrados non rehabilitados, administradores de sociedades respecto de outras co mesmo obxecto social, etc.) e outras, á parte do mesmo en que a persoa realice unha actividade profesional incompatible (xuices, maxistrados, certos funcionarios públicos, etc.) En España, é posible, aínda que non obrigatorio, que o empresario individual se inscriba no Rexistro Mercantil.
|